We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Cabalgata (LP)

by Ataque Escampe

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    Vinilo 12" negro con obi pregable e sobre impreso.

    Includes unlimited streaming of Cabalgata (LP) via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 4 days
    edition of 330 
    Purchasable with gift card

      €20 EUR or more 

     

1.
Terras raras 05:22
Conducindo case me sinto alegre. A neve é preciosa; aloumiña montañas. Fomos case un millón de veces cantantes de ópera para potenciais delincuentes. Sei que me esperan. Espérame alguén cunha copa de viño vendo troncos arder. O jacuzzi foi a miña morfina. Recibín parabéns de vinte e sete amigas. Querédeme, querédeme ben, coma se fose esta noite a noite de Reis. Devagar van as cousas para min. Hai corpos autómatas. Benvido a Twin Peaks. Berrou na rúa «fillo de puta» un rapaz ás tres da mañá. Durmo ben, durmo peor. Teño unha máquina e un corazón. Ir morrer cos anos de Kurt Cobain non é posíbel xa. Querédeme ben. Bailar é perigoso: flashdance e partes un pé. Durmo ben, durmo peor. Teño unha máquina e un corazón. Pasan xabaríns pola autoestrada. Toca suave a banda de Lalín. Poño a camiseta de Nirvana para por fin durmir. Atención: ser vello é bo. Teño unha máquina e un corazón.
2.
Supermartes 03:59
Cruzádesvos na rúa de cando en vez. Aínda é importante para ti. Discos de ambient; a mítica de Kraftwerk; a man que fai soar o theremín. Os ollos de Miles Davis no In a Silent Way miraban o futuro desde alí. Signos de aire. Deixa que sangre. Que volvan as avespas do país. A vea que te acolle tan azul. A cara que mereces e a que tes. Di que te quere, pero entendedes cousas diferentes por querer. Que música escoitabas ti no 2001? Nostálxica nostálxica non es. VHS. World Trade Center. Vaia supermartes foi aquel. Pop, ciencia ficción, restos da era espacial. Todos da man cara ao volcán. Esas trompetas que serán? Estamos no futuro, e agora que? O anxo da historia mira atrás. Todo ten un ritmo posapocalíptico de máscaras antigas e antigás. Noite en Compostela: xa non hai ninguén. Onde van as festas de mañá? Nos discos de vinilo, un bucle infinito cos bicos que recibes e os que dás. Só dous corazóns na discoteca, sen bailar. Xuntos da man cara ao volcán. Somos tormentas de verán. Pop, ciencia ficción, restos da era espacial. Todos da man cara ao volcán. Esas trompetas que serán?
3.
Planta de pouca auga, vida lánguida: que o teu esforzo non murche coma min. Dous policías a cabalo van. Sigo o meu camiño, o camiño de Bruce Lee. Ven buscarme, teño gana de ti. A miña vida volve parecer unha canción de Ataque Escampe: non vale para o teu puto fest nin para as fórmulas de antes. Mais aínda sigo a che esmagar os pés con nerviosismo de estudante, e marcho cando non me ves por me sentir interesante. Ola, meu novo amigo, mundo líquido. Vexo o teu rostro e estoume vendo a min. Nunca un saxitario foi tan tímido. Cun dragón por dentro esta noite hei ser feliz. Eu todo volo bailarei: a playlist do que perdín, pasos que non van poder ser e o medo a me repetir. A miña vida volve parecer unha canción de Ataque Escampe: non vale para o teu puto fest nin para as fórmulas de antes. Mais aínda sigo a che esmagar os pés con nerviosismo de estudante, e marcho cando non me ves por me sentir interesante. Ven buscarme, teño gana de ti.
4.
A fantasía dourada da droga facendo cabaliños na bici, en Lalín, rumbo a parques oxidados. Quixen ser un neno malo e non cheguei a capitán tan sequera nin do clube dos matados. Chupei tamén algún sopapo; na casa e mais no patio non daban nin bicos nin abrazos. Agora os gánsters aténdencheme na tele cando falan os da escola de Chicago. Porén nesta aldea estase ben, baby, co chándal do revés coma o príncipe de Bel-Air. Rego e paso o cortacéspede; vou buscando co bolígrafo algo que me represente. Analóxico e paciente: son a industria do rap antes de volverse mainstream. Uh, como te morda un alacrán busca viño, busca pan, que mañá te enterrarán. Mira que me divertín nas noites de saír. Daquela a miña camisola puña «Fuck the Police». Pois si, MC, son decote introvertido, son un deses chalés que están por fóra de ladrillo. Máis relax que unha finde nun spa sentímolo bailando no Kingston, no Superfly. Mestres con clase e sen discípulos: Ataque Escampe, vencedores e vencidos. Levo un anel no meu dedo maior que foi feito na charpela por un preso en San Simón. Non din «campos de concentración» nas guías de visita preparadas pola Xunta de Feijoo. Na noite brillan. Como tigres na gaiola vin saír dous policías dun furgón. A modo de filme de Scorsese dixeron: «Control de drogas, ¿tiene algún inconveniente?». Teño medo das pistolas, son infantil. Aquela noite xa non puiden durmir. E na miña mente, guerra civil. A miña camisola puña «Fuck the Police». Uh, como te morda un alacrán busca viño, busca pan, que mañá te enterrarán. Tan en sitios lentos, en todos os lameiros. Un alacrán. Busca viño, busca pan, que mañá te enterrarán. Por iso fago versos duros. O pan que sempre nos daban no instituto. Non é fácil ser estúpido. Bill Clinton co pelo branco, sorrindo e tocando o saxo. Lisa Simpson, Manuel Caamagno. Románticos. Somos fillos desa xeira. Cobra Kai, Bruce Lee. Quen comprende as miñas penas? A psicóloga que cobra, pero non os meus colegas. Bruce Lee. Agresores e agredidos. Breakdance. Krilín, Yamcha, club de amigos de Ten Shin Han, toda esa culimaña de xente vulnerable. Esta abuela no es mi padre. Bruce Lee, Cobra Kai. Patadas na cabeza que levaba Daniel San. Cántame coma un puto alacrán. Meu pai. Alacrán. Desde a praia de Chaián fágoche un freestyle.
5.
Temos perto o forno, que máis dá. Vemos medrar o queique de masa nai. Todo ao noso xeito, ti xa sabes como vai. Sae o xenio no que os beizos piden máis. Venres no teu piso de aluguer. Tremen as especies máis unha vez. Un paxaro na boca, unha boca na maré (vai e vén); outro vento move a Arca de Noé. Quen puidera aínda salvarse pola fe. Se o que máis nos pon de foder é abrazar, por que non deixar aberta unha ventá? Pero queima a sensación, un vestixio dos noventa: cause another baby is all that she wants. Sábado na casa dos teus pais. A novela turca. Sácalle o sal. E se soñas comigo vai ser case como estar. A receita nunca é a dos demais. Se o que máis nos pon de foder é abrazar, por que non deixar aberta unha ventá? Pero a vida, corazón, pide cama de noventa. Suxire outra letra e a mesma canción. Ao mellor non acabamos ben; xa era difícil chegar á vez. Multiplicámonos ao revés. Xa era difícil chegar á vez. Libre, libre quiero ser e non sei se algún día darei. Libre, libre quiero ser. E disme que un amigo tamén.
6.
Era un bo pantalón, curto e azul. Onte tiven calor e non o atopei, pero as cousas que necesito non sempre as vou ter. Ás veces é culpa miña; ás veces non sei. Cando vou tocar por aí bebo e canto feliz, pero sempre perdo os calcetíns. Logo síntome mal, pero as cousas que necesito non sempre estarán. Ás veces é culpa miña; ás veces é igual. Moitas penas pequenas non fan unha grande. Moitas perdas pequenas non fan un perdedor. Pensei que o meu desexo podía traermo, pero as cousas que quero xa teñen desexos de seu. O meu cu non é o centro do universo, e así está ben. Vou facelo mellor.
7.
Lamborghini 05:13
Eu tamén fun unha estrela fugaz. Dixéronme que así é como hai que chorar, coas lágrimas por dentro. Os tenis da feira, os concertos de punk, a vez que dous fulanos me intentaron roubar e só levaba tres euros. Naqueles anos de tanto saír untamos o foie-gras co DNI. Temos collido tantos autobuses. Soñei que todos estabades aquí. Chegados a este punto xa se pode dicir: aínda son un loser. Se fose o ano 93 mandaríavos cartas de papel: todo sería aínda máis verdade. Aquí me tedes, case un deus, o meu Lamborghini e mais eu. Son as consecuencias de ser fráxil. Eu tamén fun unha estrela fugaz, chamei ás profesoras de primaria mamá. Aínda teño medo da escuridade. Nina Simone no radiocasette: «For all we know we may never meet again». Do corpo non vas esperar milagres. Na vida nunca hai volta atrás: cando morres, morto estás. Agora hai que quererse máis que nunca. Os puntos todos no carné. Non corras máis, total para que. Podemos ir montar nos cabaliños.
8.
O hit daquel verán foi un tema de Bad Bunny. Nunca entenderei por que viaxamos a Miami. Tiñamos gana de festa, tiñamos gana de estirar as pernas. O hotel vale máis que unha vida de traballo onde os policías van en bermudas a diario. Na suite do Holiday Inn todas estabamos vivas. Déitate tranquila, sis, fai o morto na piscina. Cando unha estrela se apaga, na noite brilla toda Disneylandia. Préndese a luz simplemente dando palmas. Vibra o corazón máis cru na calor da madrugada. Por iso non tiveches fillos. Na praia de San Francisco, en Louro, sempre me sinto ben. O móbil teño medo de que o rouben xusto cando me vou meter. Os vellos das residencias na noite brillan como Julio Iglesias. O hotel vale máis que unha vida de traballo. Temos que volver quedar, non vivimos no pasado. O hotel vale máis que unha vida de traballo onde os policías van en bermudas a diario.
9.
Amigo 04:51
No día do patrón volverei soñar contigo cando monte eu só no saltón e nos cochitos. Aínda teño as caixas con todos os teus discos e debaixo da alma un cemiterio indio. E a xente é tan imbécil, pero a xente somos ti e mais eu. E a xente moito fala, pero a xente somos ti e mais eu. E a xente non as pensa, pero a xente somos ti e mais eu. E a xente dáme noxo, pero a xente somos ti e mais eu. Osiños, gominolas, a forma de bailar de papá nas vodas, as festas de disfraces e a túa risa frouxa. Xigantes, cabezudos, ese xesto raro de pechar os puños. Se o único xigante somos ti e mais eu. Alma, todos en corpo e alma. Noutro San Cosme. Alma. Litros de Monster: calma. Hai karaoke. Alma. Moito me doe: alma. Ata Feijoo ten alma. Soño que volves. Fantasmas do pasado, a canción «Amigo» de Roberto Carlos. Vivimos na outra parte do imperio dos xeados. Xigantes, cabezudos. Canto vai durar este minuto? Se o único xigante somos ti e mais eu.
10.
Fun ao teu castelo a pé. Tantos cabaliños vin… Adeus. E non teñas medo dos trolls se non nos volvemos ver. Amor despois do amor, eu vou desexarche o ben. Volveu aparecer a estrela da tarde. Rei Gaspar: todo está tranquilo aquí. Pouco máis nesta idade media. Volverás coma as guerras do ano mil. Onde estás, cabaliño lento? Ven, sol das formigas. Xa ves onde foi aquel verán. Ben sei, marchan os cisnes e a min non me vai salvar ninguén. Mensaxes espectrais brillan na noite aquí. Amor despois do amor: van a todas partes. Busco paz nesta feira medieval. En xeral pasan menos cousas. Miro atrás: fun un peregrino máis. Ao final somos todos néboa. Rei Gaspar: todo está tranquilo aquí. Pouco máis nesta idade media. Volverás coma as guerras do ano mil. Onde estás, cabaliño lento?

about

Cabalgata —un título que se pode referir tanto a un desfile festivo coma á longa travesía dos xinetes nómades a través da neve— é ese punto en que o máis doado parece parar e decidimos, malia todo, seguir cabalgando, sen saber moi ben cara a onde, porque que outra cousa imos facer. Arde a tenrura polo que deixamos atrás: o pasado como espazo inesgotable que nos interpela e non como obxecto de nostalxia. De aí o noso intento de explorar o potencial de estilos sepultados na avalancha das tendencias musicais: do hi-NRG de «Lamborghini» ao synth-funk de «Viaxamos a Miami», pasando polo rap old school de «Fuck the Police», o no wave de «Amigo», o electro posapocalíptico de «Supermartes» ou o pop da era espacial d’«A cociña práctica». Este disco é unha homenaxe á nosa vulnerabilidade, tal vez a de calquera; á infancia; ás amizades e amores conservados, perdidos ou diferentes; á solidez do que aínda queda en pé despois dos últimos vendavais do inverno. Ao que fomos e ao que seguramente xa non seremos; ao mundo dos soños. Quizais tamén, sen o pretender, é a nosa maneira de celebrar que o proxecto de Ataque Escampe, este cabaliño branco, este cabaliño lento que empezou co século, siga con vida. Amodo, sempre amodo, a ritmo de carrusel.

«This is the water
And this is the well.
Drink full and descend.
The horse is the white of the eyes and dark within».

credits

released April 18, 2023

O Longo Adeus presenta Cabalgata, unha idea de Ataque Escampe para Tremendo Audiovisual.

Todos os temas están compostos por Ataque Escampe. Julio Vilariño Cabezas participou na composición de «Entra o dragón», «Pantalón curto», «Lamborghini» e «Amigo».

Este disco produciuno, gravouno e mesturouno o Hevi no Laboratorio Soyuz (Trazo) entre febreiro de 2022 e febreiro de 2023, e masterizouno Cem Oral en Jammin Masters (Berlín).

O deseño gráfico e o traballo fotográfico son de David Silva. As fotos están sacadas no club hípico Juan Oliveira (Mouriscade, Lalín).

O cabalo da portada chámase Farruco.

Con:

Cibrán Tenreiro: batería, percusións, sintetizadores, coros, voz en «Pantalón curto»
Miguel Mosqueira: guitarras, sintetizadores, coros, voz en «Fuck the Police» e «Viaxamos a Miami»
Álex Charlón: coros, voz en «Condutor triste», «Supermartes», «Entra o dragón», «A cociña práctica», «Lamborghini», «Amigo» e «Cabaliño lento»
Samuel Solleiro: guitarras, coros, voz en «Supermartes»
Lois G. Carlín: baixo, sintetizadores, saxo, coros, voz en «Fuck the Police»

Roi Vidal: mensaxes espectrais

E tamén: Antía Ameixeiras (voz en «Supermartes» e «A cociña práctica»); Delfina Sánchez (receita n’«A cociña práctica»); María, Marinha, Íris e Amaro (coros en «Viaxamos a Miami»).


Cabalgaron connosco: Simón Cuba, Sara Iglesias, Xosé Sóñora, Sofía Taboada, Fernando Palitos, Bea López Rei e os cabalos Cacique e Leo. Foron trotando diante: Bruce Lee, Bruce Li, Lorena Álvarez, Epic Soundtracks, Luz Pozo Garza, Mucho Muchacho, Nanni Moretti, Emilio Araúxo, Miguel Gallardo, Louise Glück, Consuelito Velázquez, Miguel Gomes, Nina Simone, Los Chichos, Joy Williams, John Ashbery, The Rolling Stones, Rodrigo Cuevas, Wallace Stevens, Olvido García Valdés, Brian de Palma, Manuel María Puga y Parga «Picadillo», Malandrómeda, Zygmunt Bauman, The Velvet Underground, Lois Pereiro, Tom O’Bedlam, Neil Young, Ace of Base, BoJack Horseman, The B52's, Nicolás Saldivia, Walter Benjamin, Quim Barreiros, Seguriño e varios paxaros de Chaián.

ataqueescampe.org
CC BY-NC-ND

license

tags

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

Cancións con salsa agridoce.

Contratación: info@tremendoaudiovisual.com
+34 629175996

shows

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Ataque Escampe, you may also like: