Estou tranquila porque vou morrer, non sei se aquí, non sei se o mes que vén. Igual que o que canta. Igual que os que escoitan. Parece triste pero non o é, de feito riste cando o pensas ben: das medias que rompen, das leis que preparan, do reloxo biolóxico, de por que pos esa cara. Só quero entender, sen lume na man, as cousas que arden e as que ficarán. Que hora vai ser, Alexanderplatz? Facémosche plas, plas, plas. Coa bici estática de túa nai e as guías prácticas do que non hai, pasamos a tarde en total liberdade. Quérote ben, pero xa se verá se o noso amor será internacional. Por países varios doeranme os ovarios. As miñas ideas e a puta bandeira. Só quero entender, sen lume na man, as cousas que arden e as que ficarán. Aparecerán por riba de min as letras de fin, fin, fin.
Brighton quartet Zooni round out their slick, ultra-rhythmic art rock vision with smart lyrics and ever-shifting dynamics. Bandcamp New & Notable Oct 7, 2020
San Francisco singer-songwriter and trumpeter Max Daniel gilds straight-shooting pop hooks with orchestral splendor and wry lyricism. Bandcamp New & Notable Aug 26, 2020