/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

Desdobrámonos, deixamos atrás a nosa pel de serpe e observámonos, a nós e á xente da nosa laia, a través dos ollos dunha persoa normal. Temos as nosas dúbidas sobre se gostamos daquilo que vemos. A sección de ventos fai o resto, e desa si que gostamos.

lyrics

Aí vou procurando a gloria, superrápido, no meu dodge con redutora. Aí vou coa pel de serpe desta cazadora pensando no fría que é a vida a esta beira da dor. Sei que vos odio con esa pose intelectual, a cuestión nacional, piratas por amor ao ron. Ron, ron, ron. Simpáticos e irónicos, doentes pola acción, Rambo e Rimbaud, a grande evasión, o universo sodes vós. Aí vou sentindo a cafeína no espectáculo das noite e dos días, aí vou, e cando me suba a bilirrubina non haberá unha puta aspirina a esta beira da dor. Non é tan fácil desde a cabina dun camión o soul de Detroit e a estética do oitenta e dous. Boys, boys, boys. Nostálxicos e histriónicos, no guateque Marvin Gaye (que non foi quen de matar o pai, foi o pai que o matou a el). Aí vou procurando a gloria, como un lóstrego por un bosque de magnolias. Aí vou coa pel de serpe desta cazadora. Falade do dura que é a vida a esta beira da dor.

credits

from Violentos anos dez (LP), released April 27, 2011

license

tags

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

Cancións con salsa agridoce.

Contratación: info@tremendoaudiovisual.com
+34 629175996

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Ataque Escampe, you may also like: