Xogar na segunda división non é intrinsecamente malo. Axuda en todo caso a relativizar os problemas e a ver a vida con outros ollos. Ás veces, ante os problemas, prodúcense momentos de estraña euforia colectiva, a alegría de quen ten xa ben pouco que perder. Desa felicidade sarcástica dos oprimidos nacen os ritmos que máis nos prestan. É de noite e non temos cartos, pero no ghetto non se está tan mal se se lles deixa liberdade aos pés ou se Meteogalicia anuncia sol para o día seguinte. Sobre un par de acordes dun irrecoñecíbel John Coltrane, construímos con moito rhodes e un saxo tenor a nosa arte poética para os violentos, violentísimos anos dez.
lyrics
Xa é de noite e a iluminación da cidade está ben para os verdadeiros fans do soul. Se fose listo sabería valorar que hai mellor lugar que as boleiras de Área Central. Son consciente de que hai xente que non está moi ben. Estamos xuntos na fin do mundo máis unha vez. Pensa o intensa que podería ser a nosa festa, baby come on. Ghettos xélidos asumen a existencia como o Celta en segunda división. Os estadios vibran coa emoción cando hai emoción e, cando non, déixano estar. As caixeiras deste centro comercial son as miñas irmás co rei de España nas súas mans. Son consciente de que hai xente que non está moi ben, é imposíbel ser normais unha vez máis. E penso o intenso que podería ser agora mesmo un saxofón. Notas sórdidas asumen a existencia como o Celta en segunda división.
Erudite chamber pop that hearkens back to the elegant and experimental production of the 1960s, swinging from melancholia to playfulness. Bandcamp New & Notable May 13, 2016
Brighton quartet Zooni round out their slick, ultra-rhythmic art rock vision with smart lyrics and ever-shifting dynamics. Bandcamp New & Notable Oct 7, 2020