We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

A alma (EP)

by Ataque Escampe

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    Inclúe vinilo 10" e folla informativa (hai 6 diferentes).

    Includes unlimited streaming of A alma (EP) via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 4 days
    edition of 220 
    Purchasable with gift card

      €14 EUR or more 

     

1.
2.
Eu escoito rock de estadio cando non me ve ninguén: necesito o son de ambiente baixo a pel. O Spinoza de Carballo chamábanme cando empecei Filosofía por amor, pero xa onde foi. Hoxe honro aquel surfeiro: contra o outono foi bater. Pero o que pode un corpo nunca o saberá ninguén. Un sobriño deixou comigo, na conserveira preguntan por el. Axusto as lentes e respondo que todo ben. Un día verán a luz os meus escritos: cando eu non estea, bailade, malditos. O que pode un corpo nunca o saberá ninguén. Eu escoito rock de estadio; non é malo se fai ben. Vou da lata ao mar, no mar salto outra vez. A substancia desta vida é tan extensa que xamais se ve, pero detrás de Clarence Clemons tócoa co pé. E dedicaranme as letras do paisiño. Cuspide na tumba. Coidade o sobriño, para que non se perda neste gueto portugués. Un día verán a luz os meus escritos. Borremos a morte. Cantade comigo: o que os corpos poden nunca o saberei nin eu.
3.
Agora vivo e traballo en Mondoñedo cunha cruz de paz e amor no peito. Paso a noite toda vendo baloncesto: nomes, apelidos, brancos, negros. Mes a mes o campionato vai pasando e eu só quero que me queiran algo. O momento máis sentido destes anos: a final dos Cavaliers cos Warriors. Xa non hai máis pubs para min, eu vexo así a noite estrelecida. Teño gin de fin de ano aquí para cando veñan as visitas. Mondoñedo é a old school. Sempre escravo o corazón, sempre o corazón escravo. Quen puidera namorala, meu amigo, levo tanto tempo aquí metido. Este corpo é tan inútil e bonito como un Pentium do noventa e pico. Tinder, Meetic e Badoo. Son espada Excalibur do amor chantada na neve. Non hai homes nin mulleres que me dean calor ningún. Mondoñedo, old school. Botarei Vicks Vaporub nos pés. Chantada na neve. Non hai homes nin mulleres que me dean calor ningún. Nunca fun moi falador, chamo pouco por teléfono. I’m Mr. Lonely cada vez que miro o móbil. Xa se vai poñer o sol.
4.
Vas vir ás Cruces a comer a Casa Castro. Se é o teu desexo, tampouco vou dicirche que non. Vas vir ás Cruces, onde nunca vimos barcos. Camiñaremos nas augas do teu mar interior. Vas vir ás Cruces co evanxeo de san Marcos. Nos meus adentros nin rastro daquel corazón. Vas vir ás Cruces a comer a Casa Castro. Non teño medo: espero dar entrado en calor. Póñome contento cando estás. Eu só quero ser o teu amigo. Esta noite está a chover de máis. Esta noite está a chover seguido. Non é exactamente depresión: teño a miña propia enfermidade. Non mestures isto con alcol. Aínda resistiu a miña carne. E unha voz di que vai todo ben. Éme igual, tanto ten. Desta vez heime portar mellor. Diazepán, Trilafón. Xa sei que non tes corpo pero estás entre os mortais. Dorme a natureza menos certos animais. E aí está outra vez a voz, parece tan real. O día que collemos esa víbora coas mans. O salmo que nos daba por cantar, leaning on the everlasting arms. Abrázame outra vez, non sei, venme visitar. A noite está moi fría e non te podo querer máis. Póñome contento cando estás. Love and hate, eu que sei, tatuado nas mans. Póñome contento. Vas vir ás Cruces coa cabeza de san Xoán. Vas vir ás Cruces coa pregaria da mañá. Vas vir ás Cruces cos teus peixes e os teus pans. Todo parecía tan real. E unha voz di que vai todo ben. Éme igual, tanto ten. Vamos ver fogos artificiais. Trilafón, Diazepán. Vas vir ás Cruces a comer a Casa Castro.
5.

about

Segundo Arístides Quintiliano, «existen, para Platón, tres almas: unha que, farta dos paus da vida, conserva así e todo unha especie de esperanza, que é catártica coma o ambient de estadio e a furia de Poseidón; outra que, exiliada nas fronteiras do reino, soña con atletas pero nin así adormece, que quere ser R&B e baila sexy, malia todo, ante o espello; unha terceira que, desde o templo da loucura e atrapada nos bucles infinitos da kozmische musik, desexa con forza o regreso dos espíritos do Hades. E despois está o corpo, pero ese pouco dura».

credits

released December 13, 2019

O Longo Adeus presenta A alma, unha idea de Ataque Escampe para Tremendo Audiovisual.

Todos os temas están compostos por Ataque Escampe.

Este disco produciuno, gravouno e mesturouno o Hevi no Laboratorio Soyuz (Trazo) entre maio e outubro de 2019, e masterizouno Cem Oral en Jammin Masters (Berlín).

O deseño gráfico e o traballo fotográfico son de David Silva.

Con:

Cibrán Tenreiro: batería, percusións e coros
Julio Vilariño Cabezas: sintetizadores e coros
Lois G. Carlín: baixo, programacións e coros
Samuel Solleiro: guitarras e coros
Miguel Mosqueira: guitarras, voz e coros
Álex Charlón: voz e coros
Roi Vidal

E tamén: María Villamarín (voz n’«As Cruces») e Miguel Pernas (voz en «Tema d’A alma» e «Reparto d’A alma»).

Simón Cuba, Sara Iglesias e Toni Colombo estiveron presentes en corpo e alma. The Spelding's Jazz Orchestra, Charles Laughton, Lois Pereiro, Bruce Springsteen e a E Street Band, The Ronettes, Álvaro Cunqueiro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Elisha Hoffman, Anthony J. Showalter, Mike Post, Gerhard Lengeling, Ushio Hashimoto, Bobby Vinton e Baruch Spinoza estiveron presentes só en alma.

ataqueescampe.org | ataqueescampe.bandcamp.com
CC BY-NC-SA

license

tags

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

Cancións con salsa agridoce.

Contratación: info@tremendoaudiovisual.com
+34 629175996

shows

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Ataque Escampe, you may also like: