1. |
Tema d'A alma
00:40
|
|||
2. |
I. O que pode un corpo
03:49
|
|||
Eu escoito rock de estadio cando non me ve ninguén: necesito o son de ambiente baixo a pel. O Spinoza de Carballo chamábanme cando empecei Filosofía por amor, pero xa onde foi. Hoxe honro aquel surfeiro: contra o outono foi bater. Pero o que pode un corpo nunca o saberá ninguén. Un sobriño deixou comigo, na conserveira preguntan por el. Axusto as lentes e respondo que todo ben. Un día verán a luz os meus escritos: cando eu non estea, bailade, malditos. O que pode un corpo nunca o saberá ninguén. Eu escoito rock de estadio; non é malo se fai ben. Vou da lata ao mar, no mar salto outra vez. A substancia desta vida é tan extensa que xamais se ve, pero detrás de Clarence Clemons tócoa co pé. E dedicaranme as letras do paisiño. Cuspide na tumba. Coidade o sobriño, para que non se perda
neste gueto portugués. Un día verán a luz os meus escritos. Borremos a morte. Cantade comigo: o que os corpos poden nunca o saberei nin eu.
|
||||
3. |
II. Espada Excalibur
04:41
|
|||
Agora vivo e traballo en Mondoñedo cunha cruz de paz e amor no peito. Paso a noite toda vendo baloncesto: nomes, apelidos, brancos, negros. Mes a mes o campionato vai pasando e eu só quero que me queiran algo. O momento máis sentido destes anos: a final dos Cavaliers cos Warriors. Xa non hai máis pubs para min, eu vexo así a noite estrelecida. Teño gin de fin de ano aquí para cando veñan as visitas. Mondoñedo é a old school. Sempre escravo o corazón, sempre o corazón escravo. Quen puidera namorala, meu amigo, levo tanto tempo aquí metido. Este corpo é tan inútil e bonito como un Pentium do noventa e pico. Tinder, Meetic e Badoo. Son espada Excalibur do amor chantada na neve. Non hai homes nin mulleres que me dean calor ningún. Mondoñedo, old school. Botarei Vicks Vaporub nos pés. Chantada na neve. Non hai homes nin mulleres que me dean calor ningún. Nunca fun moi falador, chamo pouco por teléfono. I’m Mr. Lonely cada vez que miro o móbil. Xa se vai poñer o sol.
|
||||
4. |
III. As Cruces
10:20
|
|||
Vas vir ás Cruces a comer a Casa Castro. Se é o teu desexo, tampouco vou dicirche que non. Vas vir ás Cruces, onde nunca vimos barcos. Camiñaremos nas augas do teu mar interior. Vas vir ás Cruces co evanxeo de san Marcos. Nos meus adentros nin rastro daquel corazón. Vas vir ás Cruces a comer a Casa Castro. Non teño medo: espero dar entrado en calor. Póñome contento cando estás. Eu só quero ser o teu amigo. Esta noite está a chover de máis. Esta noite está a chover seguido. Non é exactamente depresión: teño a miña propia enfermidade. Non mestures isto con alcol. Aínda resistiu a miña carne. E unha voz di que vai todo ben. Éme igual, tanto ten. Desta vez heime portar mellor. Diazepán, Trilafón. Xa sei que non tes corpo pero estás entre os mortais. Dorme a natureza menos certos animais. E aí está outra vez a voz, parece tan real. O día que collemos esa víbora coas mans. O salmo que nos daba por cantar, leaning on the everlasting arms. Abrázame outra vez, non sei, venme visitar. A noite está moi fría e non te podo querer máis. Póñome contento cando estás. Love and hate, eu que sei, tatuado nas mans. Póñome contento. Vas vir ás Cruces coa cabeza de san Xoán. Vas vir ás Cruces coa pregaria da mañá. Vas vir ás Cruces cos teus peixes e os teus pans. Todo parecía tan real. E unha voz di que vai todo ben. Éme igual, tanto ten. Vamos ver fogos artificiais. Trilafón, Diazepán. Vas vir ás Cruces a comer a Casa Castro.
|
||||
5. |
Reparto d'A alma
01:11
|
Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain
Cancións con salsa agridoce.
Contratación: info@tremendoaudiovisual.com
+34 629175996
Streaming and Download help
If you like Ataque Escampe, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp