We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

A vida dos animais (2012​-​2018) (LP)

by Ataque Escampe

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Mira como vai esta música feliz. Non quero máis nada que música feliz. Marchas fúnebres, marchas militares. Salsas e merengues de repostería. Música para vodas e para procesións. Música de negros que bailan os brancos. Cada situación, a súa banda sonora. Música de ópera para abrigos de visón. Bailes elegantes, bailes de salón. Ritmos de patosos, música feliz. Feliz como un watusi, feliz como un masai. A tribo toda baila música feliz. Música sagrada, música anestesia. Mira como vai a música feliz. Baila, salta, grita, golpea. Don’t stop dancing, non pares de bailar. Cinturas mareadas, cinturas terremoto. O mercado persa da música feliz. Mira como vai, mira que ben vai. Música feliz para desesperados. Mira como vai, mira que ben vai. Música sagrada, música anestesia. A única vinganza é non parar de bailar. Danza maldita, danza macabra. Bailad, malditos, bailad. Feliz como un watusi, feliz como un masai. A tribo toda baila música feliz. Música de trampa, música anestesia. A única vinganza é non parar de bailar.
2.
Agora tomo o sol. Pero até agora traballei cincoenta anos sin sosego. Comín o pan suando día a día. Nun labourar arreo. Gastei o tempo co xornal dos sábados. Pasou a primavera, veu o inverno. Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo i a miña mocedade. Nada teño. O patrón está rico á miña conta. Eu, á súa, estou vello. O patrón, ben pensado, nada debe. Eu, eu non lle debo. Nin xiquera este sol que agora tomo. Mentras o tomo, espero.
3.
Cando actúa a violencia patronal. Exactamente onde se revolve o ruído negro. Ruído negro, ruído negro. Na total indixencia da vida, agora e aquí. Todo está roto, tamén os cristais do tempo. E a organización da nosa dor. Esa pantasma, a nosa clase. Esa pantasma que é a nosa clase.
4.
5.
Veñen as estrelas suavemente e non teño gana de ir durmir. Pola noite hai moitas criaturas diferentes; seguro que andan por aquí. Quero facer guerras de almofadas. Quero Coca-Cola da normal. Aínda que xa vaia sendo hora de ir para a cama, abro unha xanela e aí están: dinosauros de arrecife de coral como unha catedral detrás do cristal. Informáticos verdes como Peter Pan comendo poliespán detrás do cristal. Segue así, insomne como os grilos ou como os vellos que dormen nos asilos do tiovivo que dirixe este planeta. Cando escoites o disco dos Bolechas sentirás esta voz, a voz da túa conciencia. Eu son o beixo, a verdade e a consecuencia. Non te fíes do ruído das veciñas. Do can que ladra, dos furgóns da policía. E Bob Esponxa, para completar a festa, no fondo do Pacífico comendo unha hamburguesa. Os membros todos do gran reino animal respiran e transpiran do outro lado do cristal. Tres sereas con escamas de metal de turismo sideral detrás do cristal. Caras feas de sorriso artificial bailando ben ou mal detrás do cristal. Xente boa dentro dun lobo feroz. inchando como arroz detrás do cristal. Miña avoa nunha moto tan veloz que fai un ruído atroz detrás do cristal.
6.
7.
Non quero un bico, mellor dáme dous, e na pizza bota máis mozzarella. Nos días de maior depresión, fago zapping na sobremesa. Ela é o gasoil das petroleiras. Se che pregunto polos raios do sol responderasme sempre con evasivas. Cáeme por fóra a carne do corazón. Balas de prata que despois xa non brillan. Por min non choras, Arxentina. Himnos de estadio para celebrar o amor. Descamisados de la mano de Dios. Tomar este éxtase lévame moito máis preto de vos. En Babilonia hai un xardín onde os bistés crecen nas flores. Bragas vermellas para un país: como será tocar un pobre? Non me preguntes por que é a manager da miña vida.
8.
9.
Si me das a elegir entre tú y la riqueza con esa grandeza que lleva consigo, ay, amor, me quedo contigo. Si me das a elegir entre tú y la gloria para que hable la historia de mí por los siglos, ay, amor, me quedo contigo. Pues me he enamorado y te quiero, te quiero. Solo deseo estar a tu lado. Soñar con tus ojos, besarte en los labios. Sentirme, en tus brazos, que soy tan feliz. Si me das a elegir entre tú y ese cielo donde libre es el vuelo para ir a otros nidos, ay, amor, me quedo contigo. Y si me das a elegir entre tú y mis ideas, que yo sin ellas soy un hombre perdido, ay, amor, me quedo contigo.
10.
Catro da mañá e aínda só nos sofás do Maycar. Faste vello, por iso vés tan cedo para o Maycar. A historia da túa vida neste disco-pub. Non sabes por que, pero sempre estás, e levas na retina todas as vellas amigas do Maycar. Rock dos oitenta, a xente está contenta no Maycar. José Luis, o DJ, o verdadeiro Dorian Gray do Maycar. Aproveita o tempo unha vez que vés. Non somos eternos. Sabes que? O tempo é ouro no fondo crematorio do Maycar. Hai colas no baño para irse drogar. A lei antitabaco non se cumple xamais. Vas avanzando na pista central. Fódete e baila como fan os demais. Dame unha sonrisa de complicidad no Maycar. Se hai unha saída por aquí ten que estar no Maycar. Aproveita o tempo unha vez que vés. Non somos eternos, sabes que? Cumprirás corenta subindo as escaleiras do Maycar. Cumprirás cincuenta subindo as escaleiras do Maycar. Cumprirás sesenta subindo as escaleiras do Maycar. Cumprirás oitenta subindo as escaleiras do Maycar. Cumprirás noventa subindo as escaleiras do Maycar.
11.
No solpor do domingo, partida de dominó. Non resolvo, mais distingo o aquel da túa voz. Fala de slips de platino e de vermús con sifón. Aires de tipo divino, dandis que non din que non. A canción do verán, bailes que non volverán. Vacilón, singular: rodar e rodar. Aquela tropa de arrieiros, artistas da perdición. Nas súas trobas os primeiros lanzais baixo o neón. Aquelas catas de viño, aquel look de telefilm, as feridas do camiño tapadas con betadine. O fulgor do champán, tempos que non volverán. Un primor de galán. Dirán... Din... Dirán... As cintas do videoclube, as tipas do videoclip. A vella tatu na pube, as novas llantas do jeep. Tan xenial, tan de lei, a época da que falei. What do you want? What do you say? Vouvos cantar como sei un final con delay.
12.
Estiven durmindo miles de anos aquí, aquí. Agora que esperto vexo unha árbore. Digo si, digo si. Creo que aí é onde está a verdade, como dicía aquel. Non teño nome, como me chamades? Vou nun avión, quero voar. Resurrección. Vou polo aire, vin polo vento. Tírome, tírome. Tírome á piscina desde unha ponte sobre o río Douro que está no Porto. Vou polo aire, vou polo vento. Tírome, tírome. Sobre unha ponte, sobre un río. Aí debaixo, ai, que cousas hai. Si, si. Como dicía eu. Quen era el? Álex Charlón, Álex Charlón. Como molabas, como molabas. Como voabas: tan alto como un avión. Como molabas, Álex Charlón. Voabas, voabas mogollón. Tírome ao río, tírome ao río desde unha ponte aberta, de ferro fundido. Miro polo ollo da pechadura. Non digas que está dura. Que dura, durará. A maxia dos nosos soños. Correndo cara ese encontro. Mirámonos para outro día. Xa quedaremos para tomar o café. Gústanme os cómics, gústanme os carros. Non teño fame, nunca te chamo. Amigo dos ditadores, propaganda de gángster. Sabe moito dunha cousa que é a política internacional. Non lle fai a ninguén ningún mal. Falemos: se fuches ao supermercado ou non, que compraches alí. Pero dimo, por favor. Fun polo aire, fun polo aire. Vin polo vento, vin polo vento. Tireime e non souben voar. Krishnamurti. Psicopatria. E agora vou falar um pouco de reintegrado. É uma etapa que todos temos que passar. A questão é até que ponto estamos dipostos a chegar. Molabas, molabas mogollón. Álex Charlón: resurrección.

about

O díptico formado por Ídolos adolescentes (2007-2011) e A vida dos animais (2012-2018) reúne todas as cancións gravadas por Ataque Escampe até 2018 que non estaban incluídas en traballos propios, senón espalladas en lugares recónditos: discos duros, compilatorios, sitios web de concursos esquecidos que nunca gañamos. Canda elas hai gravacións máis circunstanciais –demos, descartes, directos– que nos pareceron interesantes para unir as pezas, e están as catro cancións con que pechamos a etapa 2015-2018 e despedimos a súa formación. Non imos dicir que estas 24 cancións encerren a historia desta última década (xa nos gustaría), pero seguramente si que sirvan para seguirnos o rastro a nós, ao que fomos nestes anos, ao que aínda somos e tamén ao que xa non. E pasabámolo ben. E eramos todos amigos. E non queriamos ter máis.

credits

released December 31, 2018

O longo adeus presenta Ídolos adolescentes / A vida dos animais (2007-2018), unha idea de Ataque Escampe coordinada e seleccionada por Julio Vilariño Cabezas e Samuel Solleiro para Tremendo Audiovisual.

Todos os temas compostos por Ataque Escampe agás “Música Feliz” (Alberto Torrado / Antón Reixa), "Monólogo do vello traballador" (Celso Emilio Ferreiro / Ataque Escampe), "Nos días do medo" (Das Kapital), Evita (Ataque Escampe / Sub Rosa), "Me quedo contigo" (Crescencio Ramos Prada / Enrique Salazar) e Maycar (William Robinson / Ataque Escampe).

O deseño de portada é de Ataque Escampe sobre detalles dos frescos de Giotto "Le stimmate" e "La predica agli uccelli".

Todos os temas foron (re)masterizados por Carlos e Alberto Quintá no estudio As Gonzalinhas (Bermés, Lalín) en decembro de 2018.

Et nolebamus plus habere.

license

tags

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

Cancións con salsa agridoce.

Contratación: info@tremendoaudiovisual.com
+34 629175996

shows

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Ataque Escampe, you may also like: