We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Ídolos adolescentes (2007​-​2011) (LP)

by Ataque Escampe

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Para che falar de amor, para te adorar. Para te sentir en min pertiña, coas túas mans nas miñas, e bicarte como o ceo bica o mar. Para te querer, meu ben, para che dicir o moito ledo que me fas, xa sei, cando na noite eu chego xunto a ti. Amor non importa, iso é o que din. Para toda xente o amor morreu, eu xa o vin. Entón eu vou facer desta canción que sexa somentes para ti. O amor para parvos xa ficou, pero che quero e logo sei que parvo son. Entón eu vou morrer do meu amor levándote pertiño do meu cor.
2.
Appeal, ai, canto sex appeal ten esta situación tan banal. Lou Reed, outra canción de Lou Reed: a súa desgana faranos bailar. Ben sei o que che pido: a pólvora inventar contigo e a polvos acabarmos amigos. E era o tempo da herba seca e o animal de Roi non deixaba de poñer "Brown Eyed Girl" no casete do coche. E eran as gasolineiras un bo lugar para nunca parar a reflexionar. Esta noite a lúa enche de máis. Ao zoo, á tarde iremos ao zoo para ver a vida dos animais. O sol pasa a modo sobre nós. Mañá volveremos a ser normais. E era o tempo da herba seca e o animal de Roi non deixaba de poñer o "Perfect Day" no casete do coche. E eran as gasolineiras un bo lugar para nunca parar a reflexionar. Esta noite a lúa enche de máis.
3.
Magnolias que baixan e que suben na noria das lágrimas que veñen e van que fai coas mandarinas aquel actor baleiro de mar. Poderiamos chamar por Kerouac. Non esquecerás a luz da mazá e xa nunca máis beberás cristais. Olla as sereas feitas na chuvia, milady. Nunca seguiremos a espiral. Voltarémonos luz. Venecia é un desfile de nubes. Cadencia do tempo que nos fere na man. O corazón gastado semella que se apresta a ouvear, e todos afogamos no mar. Navallas adéntranse na pube. Ti sangrarás e os lóstregos atoan o chan. E dime cousas raras: as árbores que vés de golsar son como vacalouras de sal.
4.
Estou mascando chicle, visualizo o temporal. O nome pode antepoñerse á cousa. Xa fun un trapecista noutros circos de cristal e non lles temo demasiado ás hostias. O outro dixo: "Se non tes nada, non tes nada que perder", e saboreo un burato de gruyère. Para subsidio non me dá e o suicidio non vai ser. E Jean-Paul brinda con auga polo burato de gruyère. Eu sei dalgún culpábel, entre as formigas tamén. Un home pode antepoñerse á cousa. Sigo mascando ortigas, cando digas berrarei, e non lles temo demasiado ás hostias.
5.
Europa é o lugar onde o ballet tamén se podería ver como a maneira de aparentar que as persoas somos quen de ter ás. Agora imaxina a viquinga Björk nun combate desgarrador contra as coristas do Music Hall no choque de civilizacións. Dos ventos prefiro os metais, dos praceres todos os orientais. Dies irae, ou é dicir, diciades que iriades alí. Unha ambulancia anda a percorrer todiño Reikjavik. Enferma e doente vai a sombra de Vivaldi. Dos ventos prefiro os metais, dos praceres todos os orientais. Dies irae, ou é dicir, diciades que iriades alí. Ten coidado, cazador, aquí disparamos ao corazón na chegada da fin das catro estacións de Vivaldi.
6.
Ningún lugar seguro para os amantes agás a respiración que lle tende a alfombra ás vísceras na habitación. Que lle ofrece ás batallas alento contra alento. Talvez só se trata de fluír. Talvez lentamente cara a un bosque. E disolverse nil como nun gran señor, venerable e prácido.
7.
Abro os ollos e comezo o día in medias res. As comportas ceden á presión. O escafandro racha, un segundo de pracer. Non entendo as consignas desta manifestación. E a capela ardente onde está? E a túa cara oculta onde está? Non hai tregua, non hai lúa.
8.
Dille ao pianista que non toque máis, que ten o prezo escrito entre as dúas cellas. Todos os acordes de free jazz non te prepararon para a lei da selva. Dille ao camareiro que tequila só (esta xente nunca estivo namorada). Despois hai quen pensa que as cancións non poden falar da praia. Proba as balas do meu revólver e se che gustan volve a verme. Ola, o eco non responde, e nado até o horizonte sempre. E non sei se son un solitario ou se somos varios que non te coñecen. Non quero facer outra canción do verán, pero algunhas veces non hai outro remedio. Roi menea o cu coma Georgie Dann. Mami, qué será lo que tiene el negro. Dille a túa nai que non estás aquí. Dille á túa sombra que pareza un accidente. Levo cinco anos sen poder durmir e agora bailan os adolescentes. Outros dirán que a vida é simple e que todo é posible, pero boeno, acepto terra firme como animal que vive en seco. E non sei se son un solitario ou se somos varios que non te merecen. E non sei se son insolidario. Ou non teño ovarios de o pensar dúas veces.
9.
Sapo da noite, sapo cancioneiro, ben sei que te sabes feo, sen sorte e débil. Todo é horríbel menos cando ves por quinta vez filmes centrais da cultura popular como Regreso ao futuro. E os teus ollos de tipo duro liberado do mundo, coas destrezas na guitarra de Marty McFly. Ao camiñar pola rúa pareces un tigre con mp3. Golpea o teu ritmo lendario até que sangre ben. Ai, e pasará este día e outros máis. É triste a vida sen as cousas fundamentais. E que máis dá, sapo, sigue así. Quen puxo na túa liñaxe a vida errante do MC? E ao camiñar pola rúa pareces un príncipe de Senegal. Golpea o teu ritmo lendario até que deixe de sangrar.
10.
Adeus, estou-vos triste mas certamente resignado. Todo acabou para mim. Já tenho oitenta anos. Desses oitenta passei uns quantos em Jaén de pressidiário; o resto fum infeliz; às vezes desgraciado. Já nom sei nem se disparei a aquel home em Alhariz. Qualquer lugar é bom para morrer quando todos estám contra ti. O sol no parque à tarde, tantas mulheres elegantes. O rio passa junto a mim. V: vai ser o meu sedante. Estudantes, disciplinade a nossa língua com Luís de Camões. Ainda iremos predicar às portas de Citroën. Podemos ser como os escorpions quando cheiram o final. Qualquer lugar é bom para vencer quando as cousas estám tam mal. Vinde dançar com este velho feio, sem rancor, desde o céu, um vals. Deixade-me em paz. Vinde brindar com este vinho grego com amor, desde o céu, assi. Espero-vos ali.
11.
Toda esta enerxía non foi creada nin será destruída. Irá ocupando diferentes vidas, transformándose en emocións. Noutros corpos paralelos e deixando novas redes no sexo, convive cos espectros máis concretos en simultáneas procesións. Nun universo apaixonado voume dosificando con usura, até que chegue a hora de voltar, canso e feliz, ao punto de partida e onda ti. Ninguén dixo que fose fácil reencarnarse nunha bolsa do Gadis. O canto eterno dunha terra fráxil. Unha e outra e outra vez.
12.
Tiña o seu punto desacougante o sol da mañá. Levantábase o galo sobre as sombras das campás. Tiraban a sonda por ver que había. Despois apareceu Roi Vidal en coiros. Foi unha aparición fugaz. As horas non contaban con velo mergullar. Na auga do río de lavar. Roi Vidal. Despois buceou sobre a orela dun caimán e viu un astronauta voando na cheminea; pero era demasiado para non estar hipotecado. Roi Vidal. Cando recolleron o cadáver non había máis ca un buzo. El foi quen o atopou e deu parte á policía. Era o corpo sen vida, o corpo sen vida. O corpo sen vida de Roi, Roi Vidal.  Viñeron os inspectores conducindo unha harmónica desbocada. Eu era un ollomol que se extraviaba. Eu era un ollomol que se extraviaba xunto a Roi Vidal. Roi Vidal é un animal. E despois vou contar o final da historia demencial de Roi Vidal. Vou contar a historia de Roi Vidal. Fixéronlle a autopsia no hospital a Roi Vidal.

about

O díptico formado por Ídolos adolescentes (2007-2011) e A vida dos animais (2012-2018) reúne todas as cancións gravadas por Ataque Escampe até 2018 que non estaban incluídas en traballos propios, senón espalladas en lugares recónditos: discos duros, compilatorios, sitios web de concursos esquecidos que nunca gañamos. Canda elas hai gravacións máis circunstanciais –demos, descartes, directos– que nos pareceron interesantes para unir as pezas, e están as catro cancións con que pechamos a etapa 2015-2018 e despedimos a súa formación. Non imos dicir que estas 24 cancións encerren a historia desta última década (xa nos gustaría), pero seguramente si que sirvan para seguirnos o rastro a nós, ao que fomos nestes anos, ao que aínda somos e tamén ao que xa non. E pasabámolo ben. E eramos todos amigos. E non queriamos ter máis.

credits

released December 31, 2018

O longo adeus presenta Ídolos adolescentes / A vida dos animais (2007-2018), unha idea de Ataque Escampe coordinada e seleccionada por Julio Vilariño Cabezas e Samuel Solleiro para Tremendo Audiovisual.

Todos os temas compostos por Ataque Escampe agás “Para che falar de amor” (Andrés Lapique do Barro), "Ningún lugar seguro" (Antón Lopo / Ataque Escampe), "Sputnik" (Mark Wiersma / Ataque Escampe) e "Transmigración" (Lois Pereiro / Mark Wiersma / Ataque Escampe).

O deseño de portada é de Ataque Escampe sobre detalles dos frescos de Giotto "Le stimmate" e "La predica agli uccelli".

Todos os temas foron (re)masterizados por Carlos e Alberto Quintá no estudio As Gonzalinhas (Bermés, Lalín) en decembro de 2018.

Et nolebamus plus habere.

license

tags

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

Cancións con salsa agridoce.

Contratación: info@tremendoaudiovisual.com
+34 629175996

shows

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Ataque Escampe, you may also like: