Noites de agosto con Ataque Escampe

by Ataque Escampe

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

1.
2.
3.
03:14
4.
5.
6.
7.

about

Con este EP, os de Vista Alegre (Compostela) volven o seu ollar irónico cara ao universo da verbena, recuperando o espírito das orquestras populares e convertendo o torreiro da festa nun lugar desde o que contemplar esta pequena traxedia persoal e colectiva que acabou por envolvelo todo.

O grupo visita con fachenda crooner xéneros tan variados como a cumbia e o krautrock, o bolero e o calipso, para celebrar o recordo das últimas noites do verán como ese momento no que os soños ou se fan realidade ou fican esquecidos para sempre no máis fondo do padal.

Con estas sete cancións, hedonistas e desesperadas, románticas e sempre de volta, feitas para bailar e aparearse, para botar unha gargallada veciñal ou para homenaxear a felicidade dun tempo de abundancia e paparota, o disco Noites de agosto con Ataque Escampe é, en definitiva, un palco desde o que entoar a coro a íntima melodía da resistencia, a promesa ambigua dunha estrela fugaz e derradeira.

credits

released December 24, 2012

Noites de agosto con Ataque Escampe é unha produción de Ataque Escampe / O longo adeus para Discos da máquina. Foi gravado e mesturado por Tomás Ageitos nos estudios A Ponte (Ames) en agosto e setembro de 2012 e masterizado polo Dr. Chou en outubro de 2012.

Ataque Escampe son:

Xoán Lois G. Carlín – Baixo, piano, sintetizadores
Miguel Mosqueira – Guitarras, pandeireta
Samuel Solleiro – Guitarras, banxo, slide, saxo de bambú
Álex Charlón – Voz
Roi Vidal – Batería, voz, güiro

O grupo de coros estivo composto por: Paku Granxa, Mark Wiersma, Xoán Lois G. Carlín, Miguel Mosqueira e Roi Vidal.

Acompañáronnos: Álvaro Trillo (congas en “Noites de agosto”, “La vita nuova” e “Vista Alegre Social Club, vol. 2”; pailas en “Noites de agosto”), Tomás Ageitos (batería en “Noites de agosto”), Benxamín Otero (óboe en “La vita nuova” e "O amor en technicolor") e Marcos Paino (bombo en “Vista Alegre Social Club, vol. 2”). Estiveron presentes, á súa maneira: Felix Mendelssohn, Robert Mitchum, Neu!, Bieito Iglesias, Lucho Gatica, Los Brincos, Nat King Cole, Manuel Vilas, Celso Emilio Ferreiro e José Alfredo Jiménez. A propiedade intelectual (entre outras) é un roubo.

A fotografía foi tomada por David Silva coa colaboración de Alba Cacheda en Lariño (Carnota) en agosto de 2012.

O deseño gráfico é de David Silva.

Todos os temas foron compostos por Ataque Escampe.

tags

license

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n’roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre. ... more

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Track Name: Vista Alegre Social Club (vol. 1)
A noiteboa en Harlem non é como a Festa da Filloa de Lestedo, pero a xente di: chegou o intre de ir con Kunta-Kinte ombreiro con ombreiro. En Celanova black power non hai aínda que todos traballamos como negros, serenatas con leite de pantera de Venezuela para aliviar o sufrimento. A moeda ten unha cousa moi clara: a uns caeulles de cruz e a outros de cara; cando se creou o mundo foi mal repartido: a uns tocoulles a sede e a outros o viño. En Baltimore e en Bertamiráns twitteamos citas para a playstation, compramos no Día botellas de vodka e afoga o Frank Sobotka que levamos dentro. A noiteboa en Harlem non é como a Nosa Señora do Corpiño, pero a xente xa está a poñer os tenis para ir con Malcolm X á porta dos camiños.
Track Name: A vitoria
Humana como son crin na vitoria como cre unha nena na festa da parroquia. Queimei a pel no verán, foi un momento nada máis. Que merda de memoria. Non vou facer nunca máis por estar triste, e ti vaille chorar os vellos tempos a outra mona, hai a quen si lle divirte. Eu seguirei bailando en setembro. Lucirei toda de festa por dentro, por fóra os vaqueiros vellos. Podiades vir cantar á miña casa. Eu son unha orquestra das de antes e o resto esquézoo: como esquezo o amor, se non o quero, esquezo o desemprego. Como esquezo o amor que me abandona, eu así me rebelo.
Track Name: Noites de agosto
O mundo comeza a dar medo pero na Galiza non hai cámara de gas. Só esta tristeza azul como os sugus de ananás. Antes faciamos cancións e agora facemos espaguetis con atún. Se hai que ir embora molaría que non fósemos ningún. Noites de agosto, a lúa brilla ingrata no ceo. Noites de agosto, parece que non fósemos tan feos. Noites de agosto, e bailar algunha vez un tema lento. Noites de agosto, e podernos agarrar por un momento. A nosa natureza é precaria como esas orquestras que tocan en camións. Baila esta cumbia aínda que logo che estoupe o corazón. Noites de agosto, a lúa brilla ingrata no ceo. Noites de agosto, parece que non fósemos tan feos. Noites de agosto, e a ver o que facemos en setembro. Noites de agosto, non haberá inverno.
Track Name: O amor en technicolor
No solpor do domingo, partida de dominó. Non resolvo, mais distingo o aquel da túa voz. Fala de slips de platino e de vermús con sifón, aires de tipo divino, dandis que non di que non. A canción do verán, bailes que non volverán. Vacilón, singular: rodar e rodar. Aquela tropa de arrieiros, artistas da perdición; nas súas trobas os primeiros, lanzais baixo o neón. Aquelas catas de viño, aquel look de telefilm, as feridas do camiño tapadas con betadine. O fulgor do champán, tempos que non volverán. Un primor de galán. Dirán... Din... Dirán... As cintas do videoclube, as tipas do videoclip, a vella tatoo da pube, as novas llantas do jeep. Tan xenial, tan de lei, a época da que falei. What do you want? What do you say? Vouvos cantar como sei un final con delay.
Track Name: La vita nuova
Baixo a luz da pirotecnia, con camisas dos setenta dúas sombras buscan chapas no lodo da tristeza. O técnico de son está a probar as voces de onte e de pasadomañá. Van xogar ás escopetas, séntese o playback da orquestra, business é business na lei da feira. Cariño como o noso é un castigo que se leva na alma e no intestino. Hoxe unha noite haberá como un bolero sincero que queima como o alcol, ou a voz de Nat King Cole. Aqueles ollos verdes traidores se te collen da man para ver as estrelas dun soño de verán. Acabarán na caravana, soa música italiana, vita nuova, sexo breve e os anos pasan. E o técnico de son está a enroscar os cables todos na resaca de mañá.
Track Name: Vista Alegre Social Club (vol. 2)
A noiteboa en Harlem non é como a Festa da Filloa de Lestedo, pero a xente di: chegou o intre de ir con Kunta-Kinte ombreiro con ombreiro. En Celanova black power non hai aínda que todos traballamos como negros, serenatas con leite de pantera de Venezuela para aliviar o sufrimento. A moeda ten unha cousa moi clara: a uns caeulles de cruz e a outros de cara; cando se creou o mundo foi mal repartido: a uns tocoulles a sede e a outros o viño. En Baltimore e en Bertamiráns twitteamos citas para a playstation, compramos no Día botellas de vodka e afoga o Frank Sobotka que levamos dentro. A noiteboa en Harlem non é como a festa do San Roque de Marrozos, pero a xente xa está a aprender calipso para ir con Robert Mitchum a fume de carozo. A moeda ten unha cousa moi clara: a uns caeulles de cruz e a outros de cara; cando se creou foi repartido mal o mundo: a uns tocoulles a auga e a outros o bourbon.