We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Por última vez | Ataque Escampe canta a M​á​is Grande (single)

by Ataque Escampe

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Vou despedirme por última vez e dicirche que todo acabou para sempre. Eu comprendín que non quero volver nunca máis a este soño de amor que ti sentes. Sei que esta noite chorarás por culpa deste adeus que vai encher de sombras un pasado que morreu. Vou despedirme por última vez e dicirche que non era amor este amor.

about

Ana Kiro é unha das iconas máis rotundas que temos no país a nivel musical, pero non sempre se lle recoñeceu o mérito, como pasa con moitas artistas populares. Nós quixemos reivindicala indo a unha parte da súa carreira que aquí é máis descoñecida: nos anos 60 e 70, Ana estaba aínda emigrada en Barcelona e gravaba para o selo Belter en castelán. Os seus discos desa época non nos emocionan polo pouso galego das letras e as músicas, senón simplemente polo estupenda que era como cantante, e se cadra un dos temas que mellor o amosan é “Por última vez”, que é unha canción de ruptura moi emotiva e na que Ana soa delicada e poderosa a un tempo. Nós tentamos manter ese espírito, pero adaptamos a letra ao galego con algún pequeno cambio e fixemos tamén algunhas alteracións no musical: hai un par de engadidos que cambian a estrutura, non temos o órgano da versión de Ana pero si que incorporamos sons novos nos sintetizadores e as guitarras, coros… e claro, unha voz completamente diferente. Se nos achegamos un pouco a ese carácter delicado e poderoso da orixinal xa podemos estar contentos.

credits

released January 13, 2022

Reinterpretación do tema “Por última vez” de Ana Kiro (Belter, 1967) a mans de Ataque Escampe para Deleite e Tremendo Audiovisual.

Música orixinal de Mario Sellés e letra de Vicente Beltrán, adaptada ao galego por Ataque Escampe.

Produción artística do Hevi.

Gravada e mesturada por Carlos Quintá n’As Gonzalinhas (Lalín) en xuño de 2021 coa colaboración de Alberto Quintá; masterizada por Carlos Hernández en El Castillo Alemán (Pedrezuela).

Deseño gráfico de Ataque Escampe sobre unha foto de Bea López.

Con:

Julio Vilariño Cabezas: sintetizadores
Cibrán Tenreiro: batería, pandeireta, carillón e crótalos
Lois G. Carlín: baixo e coros
Miguel Mosqueira: guitarra e coros
Samuel Solleiro: guitarra
Álex Charlón: voz

license

tags

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

Cancións con salsa agridoce.

Contratación: info@tremendoaudiovisual.com
+34 629175996

shows

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Ataque Escampe, you may also like: