We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Primeiros bicos (LP)

by Ataque Escampe

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Vinilo 12" + CD
    Record/Vinyl + Digital Album

    Inclúe vinilo 12", CD, libreto e capa de raspa e gaña (hai 4 diferentes).

    Includes unlimited streaming of Primeiros bicos (LP) via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

1.
Non tiña ningún plan, non, pero un día aparecestes no meu portal como a estrela da mañá. Dixestes «adeus, señor». Non sei por que non me aceptades como un de vós. E eu que inventei o botellón. Son máis vello que internet, pero neste corazón, you know, queda moito tempo que perder. Canto cobran por tatuar? Canto durará esta pel? Talvez así o tempo deixe de pasar. Non sei facer skate, OK, pero nunca é tarde, amigos, para aprender: saio de choiar ás seis. Non fago abdominais xamais, pero o corpo a quen lle importa se é tan fugaz? Eu tamén teño certo swag. Nas entrañas do Youtube busco os éxitos do trap: hostiá, esa é a vosa idea de glamour? Que autoestima tan brutal. Que volátil o pracer. Non sei, creo que aínda así vos quero igual. Sodes así, duros, fermosos e ruíns. Santos dos últimos días. Eu durmiríame abrazado a todos vós. A vida é a merenda dos campións. Strawberry fields, non me tratedes así. Santos dos últimos días. Eu durmiríame con soños dixitais, beautiful like diamonds in the sky.
2.
Como o pulso do animal, súbito e veloz, vou pesar fluídos que me saquen desta zona de confort. Chámame sentimental: quero coñecer todos os humores que na vida necesitas, e na destrución escríboche cartas de amor. Transformar bile negra en normal. Como o Führer nun glaciar, resucitarei. Van pasando os días como as follas que esnaquizo cos meus pés. Capitán, meu capitán. Son como un raio de sol. Vou de vacacións a un nunatak ou á base Scott? Cal é o Castromil para chegar máis lonxe de aquí? Vou de vacacións a un nunatak ou á base Scott? Cal é o Castromil pra chegar a Plutón? A neve parece xabón. Transformar bile negra en normal.
3.
Os músicos da filharmónica son todos de fóra, de Rusia e de por aí. Meu home nos xardíns de Babilonia está buscando drogas para que despois te drogues ti. Vai chegar a policía local. Todo é inútil sen amor. Fomos cear ao kebab. Pedín un brazo de xitano, por favor. Chándales de Venezuela, pixamas de flanela: aínda bo é que ninguén me ve. Príncipes de Maine, reis de Nova Inglaterra. Comprei unha escopeta. Todo vai saír OK. Suicidio, a versión oficial. Todo é inútil sen amor. Fomos cear ao kebab. Pedín un brazo de xitano, por favor. Dáme disciplina, mamá, dáme disciplina.
4.
Alan Lomax 03:56
Alan Lomax andou por aquí. Era o ano 52. Foi á Gudiña e a Ribadavia, pero non coñeceu o amor. Con sandalias e calcetíns, preocupado pola tradición, foi ao Hío e a Soutoxuste, pero non coñeceu o amor. E todo é moi escuro desde hai algún tempo. Esas voces que din que non te quero. Está a alma en pena de Michael Jackson facendo cola para entrar no inferno. Ten moito ollo coas psicofonías que din o que non lle podes dicir a un estranxeiro. Alan Lomax andou por aquí e tratárono como a un señor: probou as luras e os berberechos, pero non coñeceu o amor. Con sandalias e calcetíns, premía o rec en bañador. Mil señoras con pandeiretas, pero non coñeceu o amor. No tocadiscos soa «Parole, parole, parole». Como sería un sábado antes de nacer nós? Os mozos falanxistas botaban carreiras de sacos. Cantos fantasmas viven nese magnetofón? E todo o mundo berra: «Que fale, que fale, que fale». Unha lágrima caeu na area da praia de Riazor. Son un xoguete roto, xa nunca me poñen na radio. Teño unha pena grande e vouna cantar para vós. Contan historias violentas e sórdidas. Avós, avoas, estades aí? Cos ollos baleiros de Amy Winehouse e os dentes de ouro de Willy Deville? Gansta rap, afrobeat. Como puidestes escapar sen min? Unha veciña dixo: «Milagre, milagre, milagre». Saían bolboretas do meu amplificador. Unha guitarra cutre debaixo da foto de Franco. Conxuro da queimada, sagrado corazón.
5.
E eu que chorei con Ghost, nas vodas, nos bautizos, nas comuñóns, vouvos transmitir esta infección. Os zombis sodes os demais, non vedes que eu só sei camiñar tan lento e doce como o baile dunha anciá. É como en Thriller pero sen a lúa chea: bailamos todas cara a atrás. Mañá decidiremos se pagou a pena o de arrastrarnos polo chan. Eu son da xeración da eterna adolescencia. Na disco xa non hai sofás. Os zombis sodes os demais, nunca poñedes corazóns no Whatsapp, e eu que chorei co último episodio de Alf. Hai moito tempo que non probo a carne humana. Por fin me vou quitar do sal. Agora o Hevi canta Os calcetís de Drácula e todo é sobrenatural.
6.
Chegarás un día coa tarxeta Benvida. O tren dos turistas correrá por aquí. Pode ser un virus, pode ser a vida. Non sei por que carallo estou tan feliz. Aínda se ven coches teledirixidos. Que ben soan os Chunguitos en cassette. Teño medo aos monstros: ven vivir comigo a 1986. Oito bits, Felipe González, oito bits, Canción triste de Hill Street. Billie Jean, fumar nos bares, Billie Jean, Canción triste de Hill Street. Esta é unha canción de cando eramos pequenos, coa mancha de humidade enriba de nós. Aínda hai moitos ionquis. Non están no Facebook: seguen nas barracas do meu corazón. Porky’s III, Felipe González, Porky’s III, como os fillos que non terei. Purple Rain, cometa Halley, Purple Rain, como os fillos que non terei. Son as cousas que olvidamos as que din o que seremos. Ti es a raíña do mambo e eu o rei do Barrio Sésamo. Brindan todos os xitanos, brindan chinos, brindan negros. Somos bestas galopando: aínda te hei botar de menos. Son as cousas que olvidamos as que din o que seremos. Ti es a raíña do mambo e eu o rei das tartas de Mondoñedo.
7.
Vida eterna 03:10
A familia discutirá cando volva á casa. Miran todos para o Luar e para Pasapalabra. No fogar sentirás calor. As familias discuten. Se non che gusta algunha voz, mételle autotune. Á noite escribo cancións de amor para un amor futuro. Ás mañás son profesor de robótica nun instituto. O alumnado é xenial: non calan un segundo. Un día voume enfadar, porque nin un puto segundo. Diamantes para a eternidade. Diamantes en bruto. Este sábado vou pasear ás fragas do Eume. Un momento de relax: teño que coñecerme. Son como HAL 9000, un ser obsolescente. A vida pasa suave alí coas follas perennes. Follas perennes, folla perenne.
8.
Corazón 03:40
Quero ás miñas vísceras. Sempre me sorrín. Non sei se o diría Kierkegaard: crían bolboretas cando estás aquí. E hai bocas que cheiran a alcol de queimar e hai outras que cheiran a pasta de dentes. Serei un cadáver no fondo do mar: deixade que esta noite me coman os peixes. Alan Lomax andou por aquí. Era o ano 2017. As caras moi xuntas. Vivamos como dementes. Quero ver o mundo como un extraterrestre: tentáculos galácticos e ollos fluorescentes. Xa non bebo alcol, que se me perde a min neste pub? Feeling, emoción: somos eternos pero tamén mortais. Que fráxiles os pulmóns. O estómago a piques de estoupar. Pero o corazón vencerá. Vou á cama elástica: saltan canda min. Aínda son bastante cálidas. Pero logo un día deixan cicatriz. Sairemos do tempo do licor café para entrar no do café e o café con leite, e todas as festas do ano que vén van ser bastante peores que as deste. Fela Kuti andou por aquí e a música soaba tan diferente. As caras moi xuntas. Pálidos e adolescentes. Aproveita as cousas que non duran para sempre. Gústame tanto, tanto vivir, onde irá esta paixón cando non quede xente? Xa non bebo alcol, que se me perde a min neste pub? Feeling, emoción: somos eternos pero tamén mortais. O fígado é un cabrón. Do páncreas quen se vai fiar? Pero o corazón vencerá.
9.
Meu pai foi o maior borracho que existiu. Vamos tomar algo e ser amigos. Que descanse en paz: os paxaros seguirán cantando, fai un día extraordinario. Vamos tomar algo, a vida é unha festa tropical. Meu pai foi un señor que baixou comprar tabaco cando eu tiña nove anos. Míster Ed era un cabalo e nunca abandonou a Wilbur Post. Vas ir durmir ou aínda vés á Cadeira Eléctrica? No armario do salón escondía vídeos porno, máis chulo que Stoichkov. Noites de agosto: acéndense as farolas no seu honor. You’ll never walk alone. Pecharemos discotecas, moveremos as cadeiras. Que estraña beleza: poremos toda a carne no asador. Vas ir durmir ou aínda vés á Cadeira Eléctrica? Meu pai foi o maior borracho que existiu. Vamos tomar algo e ser amigos dunha vez.
10.
Onte fun andar pola beira do Sil e pensei que a vida é como un río. Había tempo que non ía por alí e continúa todo igual de aburrido: pais contra pais á saída dos colexios, nenos que van pelexar cos seus amigos. Xa non teño Facebook para poñerme a espiar (o persoal é moi presumido) nin espazo para arquivos ilegais, documentais de Estados Unidos: Napoleón na pirámide de Keops, as dimensións do espazo infinito. E cando trato de ser eu mesmo, mexa un can negro no meu portal. Por min non conspirará o universo. E asumo xa que a felicidade non chegará xamais. Teño un cravo tan cravado no corazón que con razón me doe sempre o peito, teño sempre unha constante preocupación por ir por diante do que vai sucedendo. Sorte fatal a que vai sempre comigo. Cal é o mal que me vén de nacemento? Pero por máis que o desexe forte, nunca son quen de sentirme ben. No tarot sempre me sae a morte. E cando vou contigo pasar unha fin de semana ao balneario de Mondariz-Balneario de retiro espiritual, tamén.

about

RASPA E DESCUBRE O TEU DEBUXO!

Este é un disco máxico. Por fóra parece gris e aburrido, como a túa vida, pero... sabías que o gris e aburrido pode agochar grandes sorpresas?
1. Colle unha moeda. Se non tes ningunha moeda, pide unha emprestada.
2. Raspa co canto da moeda a superficie da capa. Podes raspar toda a superficie ou liberar a túa creatividade e raspar só as partes que ti queiras. Ninguén te ve. Non teñas medo!
3. Abraia cos espectaculares debuxos que irán aparecendo ao paso da moeda. Lembras cando parecía que tamén debaixo do gris e o aburrido da túa vida se ocultaban fabulosas aventuras? Dálle momentaneamente un pouco de cor raspando a capa dun disco de Ataque Escampe! É moi sinxelo!
Hai catro modelos diferentes. Colecciónaos!

credits

released February 14, 2017

O longo adeus presenta Primeiros bicos, unha coprodución de Julio Vilariño Cabezas e Ataque Escampe para Discos da Máquina.

Todos os temas están compostos por Ataque Escampe.

O deseño gráfico e as fotografías son de David Silva.

Foi gravado, mesturado e masterizado por Carlos e Alberto Quintá e Julio Vilariño Cabezas no estudio As Gonzalinhas (Bermés, Lalín) entre marzo de 2016 e xaneiro de 2017.

Con:
Álvaro Trillo: batería e percusións
Lois G. Carlín: baixo e coros
Samuel Solleiro: guitarra, samples e coros
Miguel Mosqueira: guitarra, voz e coros
Roi Vidal: sintetizador, voz e coros

E tamén: Úrsula Rial (coros en «E eu que chorei con Ghost»), Carlos Quintá (coros en «E eu que chorei con Ghost»), Benxamín Otero (guitarra en «Mondariz-Balneario») e Julio Vilariño Cabezas (pedais e feedback en «Un raio de sol negro», «Barrio Sésamo» e «Vida eterna»).

Intercambiamos fluídos con John Irving, Peret, Rihanna, Frédéric Chopin, Pet Shop Boys, Alf Clausen, Pedro Costa, Barry White, Julia Kristeva, The Movers, Don DeLillo, Xavier Dolan, Camilo José Cela, Sister Nancy, Can, Fela Kuti, The Beach Boys, Rosalía de Castro, John Ford, Abel de Lalín, Joe Meek, Manolo e Vanessa Escobar, Paulo Coelho e un señor anónimo que lle cantou a Alan Lomax no Hío en 1952: «Asobíasme de lonxe / como ao can que vai perdido. / Non che son galgo de lebres / que atenda por asobíos».

license

tags

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

Cancións con salsa agridoce.

Contratación: info@tremendoaudiovisual.com
+34 629175996

shows

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Ataque Escampe, you may also like: