1. |
Segunda División
03:42
|
|||
Xa é de noite e a iluminación da cidade está ben para os verdadeiros fans do soul. Se fose listo sabería valorar que hai mellor lugar que as boleiras de Área Central. Son consciente de que hai xente que non está moi ben. Estamos xuntos na fin do mundo máis unha vez. Pensa o intensa que podería ser a nosa festa, baby come on. Ghettos xélidos asumen a existencia como o Celta en segunda división. Os estadios vibran coa emoción cando hai emoción e, cando non, déixano estar. As caixeiras deste centro comercial son as miñas irmás co rei de España nas súas mans. Son consciente de que hai xente que non está moi ben, é imposíbel ser normais unha vez máis. E penso o intenso que podería ser agora mesmo un saxofón. Notas sórdidas asumen a existencia como o Celta en segunda división.
|
||||
2. |
||||
Preciso un trago: vén ben cando ninguén che fai caso. Chego á cita e todo o mundo a pasar de min. Xa estou cansado. Encantoume o mar, vía vir as ondas baixo o sol da mañá, abrasador, son as ganas de nadar da xente do interior. Non vou a festas e non teño paz, a guerra de secesión é un drama familiar. Son un negro a camiñar un sábado en Vilalba sen ollar para atrás. Once upon a time: a Terra Cha. Estou ben informado do alcance criminal da vida. E o nexo da estrela é un supercerebro, será culpa súa ou deste inmenso efecto placebo. Miña avoa dicía: nena, no mundo haiche un único azar: o dos brancos. Toda a vida fan igual, non saben parar. O do bar chora, conta as súas penas sen ningunha resposta, lágrimas rosas, os cherokee fan igual no Oklahoma oriental. Non vou a festas e non teño paz, a guerra de secesión é un drama familiar. Son unha negra a camiñar un sábado en Vilalba sen ollar para atrás. Once upon a time: a Terra Cha. Estou ben informada do alcance criminal da vida. E o nexo da estrela é un supercerebro, será culpa súa ou deste inmenso efecto placebo. Vexo tractores pasar. Vemos tractores pasar.
|
||||
3. |
Misión de audaces
03:25
|
|||
Hoxe Ana ve a rúa toda desde un triste cubil. Hai xente de ben bastante rara, everybody is dancing in the street. Dista moito de ser feliz mais ten un plan e un elepé das Slits. De pequena viu o mundo cruel nos campionatos provinciais de brilé. Non marchará, resistirá entre a pureza masculina do bar. I will survive, estade quietos que bailades fatal. Non hai para onde ir, nos anos dez a vida é así. Xa dixo un coronel (que era John Wayne): sacade esta muller de aquí. Esta noite non vai durmir pero hai un plan e unha canción das Supremes. Non acredita na influencia lunar para explicar un impulso criminal. Unha muller dille: imos foder (unha misión audaz abofé). Dancing queen, la plus belle pour aller danser. Mrs. Hyde vai saír esta noite cos zapatos de esmagar caracois, un sorriso de rinoceronte e os acordes de Search and destroy. Se miras un pouco máis abaixo, máis abaixo aínda do corazón, hai bastantes insectos estraños que calculan a mellor ocasión. Porque hai un plan, nada especial, pois todo está na tradición musical. Baby, baby, baby don't leave me, oh please, don't leave me all by myself.
|
||||
4. |
A cabana do Tío Tom
04:17
|
|||
Buscando amor na parafarmacia, dás coa veciña que fuma no portal e que renova a fe na democracia escollendo crema facial. Fas un estudo de mercado para ver se compensará o futuro cando quedes calvo e non queiras xa ter motivos para ir comprar. É fácil subsistir con mínimos de récord: investir vida na barra dun bar (pero recordas que cando descenda o dépor todas as copas serán de cristal). Escoitas novas sobre o vento nordés
da macroeconomía, saes con paraugas por se quere chover e por se quere escampar. Respect yourself, galegos de Alabama, tratade ben os galegos: cando van, van para a cama pero acordan no caldeiro. A vida é dura e o tempo é aceiro: iso mesmo foi o que aprenderon primeiro. Buscando honor entre campos de algodón tamén van os usbecos. E canto humor cabe nunha neveira con marcas brancas agás para o ron? (isto pretende ser outra brincadeira das túas amigas punkis de salón). Cando non saibas se subir ou baixar non lle preguntes a un vello, a non ser que sexa deses negros da Stax e que che faga cantar: respect yourself, galegos de Alabama, tratade ben os galegos: cando van, van para a cama pero acordan no caldeiro. Para uns máis negros, para outros máis brancos, pero para todos uns traspoleirados. Hai sitio na cabana do tío Tom tamén para os haitianos. Buscando amor entre a democracia.
|
||||
5. |
O amor en Acapulco
02:41
|
|||
6. |
Curtis Mayfield
03:21
|
|||
Días deseñados polo incendio. Todo pasa moi de presa como un filme de blaxploitation. Hai un lugar que non existe e gardará as nosas febres e o que non se pode amarrar. A loita armada e as magdalenas en envase individual, a pistola carregada de amor (e isto non pretende ser outra piada patriarcal). Hai un lugar que non existe e gardará as ansias do domingo por subirmos no hidropedal. E quen son os meus irmáns? Por que bailo sempre igual? Que desastre. E Curtis Mayfield como un hámster na secuencia do bar en Superfly. Sei que virá detrás a acusación, mais non podo ocultar o escuro que eu son, nin sequera con este triste son. E quen son os meus irmáns? Pero enfín, just move on up. Que desastre. E Curtis Mayfield como un hámster cos seus lentes de señor normal.
|
||||
7. |
Esparadrapo
04:19
|
|||
Froita estraña para o meu amor: todo é marrón e azul. Soan banxos doutra dimensión. Todo é azul, todo é marrón. Hai un astronauta no balcón sangrando. Vén o tempo das corporacións: hai cruces que arden e outras cruces que non. E esparadrapo no corazón. Veñen os violentos anos dez, veñen defecar no meu xardín. Canto nas piscinas dos hoteis. É colleita amarga como ves. Pero son un músico de soul ladrando. Veño do país de Don Pimpón, arrastrando o chándal polos campos de algodón. E esparadrapo no corazón. Como a man que me dá de comer, necesito acción. A vinganza, premio de consolación. E que os meus inimigos me pidan perdón. October night the sun going down, evening with its brown and blue (music from another room), evening with its blue and brown. Rainy night in Georgia.
|
||||
8. |
Festa malandrómica
04:36
|
|||
Esas voces que din que non te cruces sonche dos señores que viven atrás das luces. Nin puto caso aos tipos eses, ímoslle armar a festa que te mereces. Xa me coñeces a min, son como un gremlin, beber despois das doce será a nosa fin, o feeling que che dá tomares un burger king, que nunca che darán os cartos do maletín. E vaste enredando, xa, vasme pillando, xa, que che marchou a gana de mexar. Se ti tes pánico escénico, un ollo clínico médico, un teste cínico-técnico, que podes esperar? Aínda que fose científico, máxico, esotérico, de México, o que quixera é facerche bailar na festa malandrómica, música electrónica, vas quedar afónica. Hoxe isto é para ti, a mirada única, noite esquizofrénica. Está fervendo a rúa de San Pedro. Primeiro empeza pola cabeza, deixa que te seduza o ritmo, tes boa traza, logo un brazo meténdolle actitude, sen agresividade pero o corpo que sude. Pecha os ollos e sínteme cantando, rebótache no peito o baixo que está bourando. Toda a puta semana traballando: se faltan enerxías hai que comer o caldo. Estas músicas son anfetaminas, fan réplica do que imaxinas. Agora es unha apisonadora esmagando o mundo en pouco menos de media hora. Xa o dixo Armando: en cada esquina hai un señor observando. Estate tranquila que xa estamos cantando. Tripulación despegando. Festa malandrómica, música electrónica, vas quedar afónica. Hoxe isto é para ti, a mirada única, noite esquizofrénica. Teño medo dela e ela non me come. Noite en Compostela, vexo aquela luz alá e non podo tocala: imos atrás dela, a merda que máis mola, arde a cacharela, mañá non hai escola, quédateme morena. Superheroína fina, elegante, arde a vila cos teus poderes mutantes. Morren estudantes, pipotes de barrantes non son contrincantes, transfórmate. Podemos facer que rebente o recinto, crear un labirinto con ríos de viño tinto. Sinto poñerme tonto cando a monto, estou a monte. Quero hipnotizarte. Co baixo a contratempo, suda os calcetíns e pon os ollos de Terminator. Búscalle o xeito, bótalle aceite, fai un desperfecto coma café con leite. Ti tes máis forza que Bronson, ti tes estilo incluso chorando un bolso. A realidade é falsa, queimas mentiras na túa balsa: de sol a sol dancing salsa. Hoxe é a noite na que todas tolean (como se menea, como se menea); hoxe é a noite na que todos tolean (como se menea, como se menea). Uns van de MD; outros do que lle dean; a que menos leva unha boa prea. Se te vexo no medio do bochinche hei cantar até que o fol desinche. Festa malandrómica, música electrónica, vas quedar afónica. Hoxe isto é para ti, a mirada única, noite esquizofrénica.
|
||||
9. |
Pel de serpe
03:06
|
|||
Aí vou procurando a gloria, superrápido, no meu dodge con redutora. Aí vou coa pel de serpe desta cazadora pensando no fría que é a vida a esta beira da dor. Sei que vos odio con esa pose intelectual, a cuestión nacional, piratas por amor ao ron. Ron, ron, ron. Simpáticos e irónicos, doentes pola acción, Rambo e Rimbaud, a grande evasión, o universo sodes vós. Aí vou sentindo a cafeína no espectáculo das noite e dos días, aí vou, e cando me suba a bilirrubina non haberá unha puta aspirina a esta beira da dor. Non é tan fácil desde a cabina dun camión o soul de Detroit e a estética do oitenta e dous. Boys, boys, boys. Nostálxicos e histriónicos, no guateque Marvin Gaye (que non foi quen de matar o pai, foi o pai que o matou a el). Aí vou procurando a gloria, como un lóstrego por un bosque de magnolias. Aí vou coa pel de serpe desta cazadora. Falade do dura que é a vida a esta beira da dor.
|
||||
10. |
Spiritual 2019
04:25
|
|||
E soñei con esta luz como dixo Santo André, pero nunca vou pescar: son escravo de internet. Son un negro espiritual, bato palmas para Ti. Por vivir na serie B, todas estamos aquí.
|
Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain
Cancións con salsa agridoce.
Contratación: info@tremendoaudiovisual.com
+34 629175996
Streaming and Download help
If you like Ataque Escampe, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp