A balada de Violetta von Lichnowsky

from O disco vermello by Ataque Escampe

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

lyrics

Hai no meu rostro pálido marcas de amor de maquillaxe. Veño dun tempo clásico, cando o fragor da loita de clases. Case un cento de anos vivindo do teatro, e o que máis idolatro son os soños humanos. Sempre vivín ao límite (como bailaba na fin de semana!). Actuei ante príncipes (non arranxaron os meus pesares: nunca gañei o María Casares). Mais cando me despinte vánseme notar moito as lágrimas de loito polo século vinte. Case un cento de anos vivindo do teatro, e o que máis idolatro son os soños humanos. Un argumento tráxico que mudou no mellor da función. Unha actuación de escándalo que neguei ante o III Reich[...], planos dun filme erótico que con Hitler mont[...] os dous debaixo do pórtico, eu lle[...]. No centro do escenario, panos de seda fina: as doses de morfina non precisan ensaio. Non recoñezo a farsa da época presente. Véxoa máis decadente ca un desfile de máscaras.

credits

from O disco vermello, released May 22, 2014

license

tags

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n’roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre. ... more

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Ataque Escampe, you may also like: