Na vida nocturna de Compostela, mentres hai Ruta hai esperanza. Cando o Ruta pecha só queda a cama, o croissant ou o campo de nabos. Non é que aspiremos a que a futura canción para pechar o Ruta (privilexio que hoxe por hoxe, cremos lembrar entre as nebulosas do alcol, ostenta Radiohead) sexa esta. Conformámonos con conxelar eses amenceres de mans frías através dunhas cordas profundas e unha percusión con alma grande que evoca o Harvest de Neil Young. Canta o guitarrista porque ao cantante habitual lle saltaban as bágoas no solo de kazoo. A voz feminina convirte esta carnicería nunha imaxe onírica filmada friamente por David Lynch. A nós nunca nos ha de pasar o que conta a canción porque en Compostela temos onde parar, mais para o resto aconsellamos non coller nunca o carro despois de pechar o Ruta, que é moi perigoso conducir co corazón roto.
lyrics
8 da mañá, os ollos coas mans, hora de pechar os ollos coas mans, sen disimular. Eu che dixen ven, ti dixeches que... tiñas que marchar. Que tiñas que marchar. Sen disimular. E agora toca cantar unha canción intimista cos ollos nas mans para acabarnos de matar. De matar. Se eu soubese que xa sabías o que sabes, non faría o que farei. Mais has de saber que se eu che dixen ven foi por non dicirche hei.
E agora toca probar cun poema dadaísta, deses que non fan chorar, que facía Tzara (tzarará). Sei que acabarás por mandarme a tomar pista: iso mesmo é o que farei. Sei que acabarei nunha beira da autopista onde non te atoparei.
E agora toca probar tácticas imperialistas desas que nos fan berrar lágrimas de metal: ratatá. Pés que voan, pés que voan a ningún sitio onde nunca pararán. Pés, quero bailar, pés que voen a ningún sitio onde nunca pararán.
Erudite chamber pop that hearkens back to the elegant and experimental production of the 1960s, swinging from melancholia to playfulness. Bandcamp New & Notable May 13, 2016
Brighton quartet Zooni round out their slick, ultra-rhythmic art rock vision with smart lyrics and ever-shifting dynamics. Bandcamp New & Notable Oct 7, 2020
San Francisco singer-songwriter and trumpeter Max Daniel gilds straight-shooting pop hooks with orchestral splendor and wry lyricism. Bandcamp New & Notable Aug 26, 2020