We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Curtis Mayfield

from Violentos anos dez (LP) by Ataque Escampe

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

Facemos, a partir duns poucos versos roubados do libro Acusación de Xiana Arias Rego, unha homenaxe ao xénero cinematográfico do blaxploitation. No filme Superfly (Gordon Parks Jr., 1972) hai unha secuencia que ten lugar nun bar no que está a tocar, como quen non quere a cousa, o único grande do soul con nome de concello galego: Curtis Mayfield. En certo modo a música fai que o conflito dos protagonistas do filme (algo sobre drogas, cremos lembrar) resulte anecdótico fronte ao verdadeiramente importante, que, como na vida, acontece sempre nun segundo plano. En canto a Mr. Mayfield, tamén gostamos da súa presenza no escenario como un señor normal. Podería ser o noso pai no caso de que algún dos nosos pais fose negro.

lyrics

Días deseñados polo incendio. Todo pasa moi de presa como un filme de blaxploitation. Hai un lugar que non existe e gardará as nosas febres e o que non se pode amarrar. A loita armada e as magdalenas en envase individual, a pistola carregada de amor (e isto non pretende ser outra piada patriarcal). Hai un lugar que non existe e gardará as ansias do domingo por subirmos no hidropedal. E quen son os meus irmáns? Por que bailo sempre igual? Que desastre. E Curtis Mayfield como un hámster na secuencia do bar en Superfly. Sei que virá detrás a acusación, mais non podo ocultar o escuro que eu son, nin sequera con este triste son. E quen son os meus irmáns? Pero enfín, just move on up. Que desastre. E Curtis Mayfield como un hámster cos seus lentes de señor normal.

credits

from Violentos anos dez (LP), released April 27, 2011

license

tags

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

Cancións con salsa agridoce.

Contratación: info@tremendoaudiovisual.com
+34 629175996

shows

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Ataque Escampe, you may also like: