Non imos dicir nada novo: cando hai unha ferida cómpre un pouco de esparadrapo, algodón de Louisiana e moita, moita paciencia. Un poema de Robert Haas e a voz convalecente de Billie Holiday, aderezados cos saloucos dos slides e a asma dos hammonds, orixinan unha canción envolta nesa calma, eléctrica e impredicíbel, que teñen as cálidas noites de chuvia no vello sur.
lyrics
Froita estraña para o meu amor: todo é marrón e azul. Soan banxos doutra dimensión. Todo é azul, todo é marrón. Hai un astronauta no balcón sangrando. Vén o tempo das corporacións: hai cruces que arden e outras cruces que non. E esparadrapo no corazón. Veñen os violentos anos dez, veñen defecar no meu xardín. Canto nas piscinas dos hoteis. É colleita amarga como ves. Pero son un músico de soul ladrando. Veño do país de Don Pimpón, arrastrando o chándal polos campos de algodón. E esparadrapo no corazón. Como a man que me dá de comer, necesito acción. A vinganza, premio de consolación. E que os meus inimigos me pidan perdón. October night the sun going down, evening with its brown and blue (music from another room), evening with its blue and brown. Rainy night in Georgia.
Erudite chamber pop that hearkens back to the elegant and experimental production of the 1960s, swinging from melancholia to playfulness. Bandcamp New & Notable May 13, 2016
Brighton quartet Zooni round out their slick, ultra-rhythmic art rock vision with smart lyrics and ever-shifting dynamics. Bandcamp New & Notable Oct 7, 2020