Unha versión non rapeira dun tema de rap sempre é unha aposta estraña. En todo caso, postas a celebrar as músicas de raíz negra das que máis gostamos, non podiamos perder a oportunidade de versionar os enormes Malandrómeda coa súa exhaustiva descrición do que debe ser unha festa malandrómica. Capas superpostas de instrumentos irrecoñecíbeis, ruídos cósmicos e a voz do cantante suplente, no momento álxido do disco se o medimos pola escala do optimismo.
lyrics
Esas voces que din que non te cruces sonche dos señores que viven atrás das luces. Nin puto caso aos tipos eses, ímoslle armar a festa que te mereces. Xa me coñeces a min, son como un gremlin, beber despois das doce será a nosa fin, o feeling que che dá tomares un burger king, que nunca che darán os cartos do maletín. E vaste enredando, xa, vasme pillando, xa, que che marchou a gana de mexar. Se ti tes pánico escénico, un ollo clínico médico, un teste cínico-técnico, que podes esperar? Aínda que fose científico, máxico, esotérico, de México, o que quixera é facerche bailar na festa malandrómica, música electrónica, vas quedar afónica. Hoxe isto é para ti, a mirada única, noite esquizofrénica. Está fervendo a rúa de San Pedro. Primeiro empeza pola cabeza, deixa que te seduza o ritmo, tes boa traza, logo un brazo meténdolle actitude, sen agresividade pero o corpo que sude. Pecha os ollos e sínteme cantando, rebótache no peito o baixo que está bourando. Toda a puta semana traballando: se faltan enerxías hai que comer o caldo. Estas músicas son anfetaminas, fan réplica do que imaxinas. Agora es unha apisonadora esmagando o mundo en pouco menos de media hora. Xa o dixo Armando: en cada esquina hai un señor observando. Estate tranquila que xa estamos cantando. Tripulación despegando. Festa malandrómica, música electrónica, vas quedar afónica. Hoxe isto é para ti, a mirada única, noite esquizofrénica. Teño medo dela e ela non me come. Noite en Compostela, vexo aquela luz alá e non podo tocala: imos atrás dela, a merda que máis mola, arde a cacharela, mañá non hai escola, quédateme morena. Superheroína fina, elegante, arde a vila cos teus poderes mutantes. Morren estudantes, pipotes de barrantes non son contrincantes, transfórmate. Podemos facer que rebente o recinto, crear un labirinto con ríos de viño tinto. Sinto poñerme tonto cando a monto, estou a monte. Quero hipnotizarte. Co baixo a contratempo, suda os calcetíns e pon os ollos de Terminator. Búscalle o xeito, bótalle aceite, fai un desperfecto coma café con leite. Ti tes máis forza que Bronson, ti tes estilo incluso chorando un bolso. A realidade é falsa, queimas mentiras na túa balsa: de sol a sol dancing salsa. Hoxe é a noite na que todas tolean (como se menea, como se menea); hoxe é a noite na que todos tolean (como se menea, como se menea). Uns van de MD; outros do que lle dean; a que menos leva unha boa prea. Se te vexo no medio do bochinche hei cantar até que o fol desinche. Festa malandrómica, música electrónica, vas quedar afónica. Hoxe isto é para ti, a mirada única, noite esquizofrénica.
Erudite chamber pop that hearkens back to the elegant and experimental production of the 1960s, swinging from melancholia to playfulness. Bandcamp New & Notable May 13, 2016
Brighton quartet Zooni round out their slick, ultra-rhythmic art rock vision with smart lyrics and ever-shifting dynamics. Bandcamp New & Notable Oct 7, 2020