Misión de audaces

from Violentos anos dez by Ataque Escampe

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

Unha tal Ana protagonizou, anos atrás, un vello éxito de Ataque Escampe. Ana regresa hoxe nunha nube de electricidade: non lle interesan os moluscos e ten moito que dicir. Unha misión de audaces que só podía rematar coa providencial axuda das Supremes. Unha canción contra a inocencia que, non por acaso, é ao mesmo tempo unha canción sobre as cancións e sobre o cabo pelado que conduce da música ao sexo e viceversa.

lyrics

Hoxe Ana ve a rúa toda desde un triste cubil. Hai xente de ben bastante rara, everybody is dancing in the street. Dista moito de ser feliz mais ten un plan e un elepé das Slits. De pequena viu o mundo cruel nos campionatos provinciais de brilé. Non marchará, resistirá entre a pureza masculina do bar. I will survive, estade quietos que bailades fatal. Non hai para onde ir, nos anos dez a vida é así. Xa dixo un coronel (que era John Wayne): sacade esta muller de aquí. Esta noite non vai durmir pero hai un plan e unha canción das Supremes. Non acredita na influencia lunar para explicar un impulso criminal. Unha muller dille: imos foder (unha misión audaz abofé). Dancing queen, la plus belle pour aller danser. Mrs. Hyde vai saír esta noite cos zapatos de esmagar caracois, un sorriso de rinoceronte e os acordes de Search and destroy. Se miras un pouco máis abaixo, máis abaixo aínda do corazón, hai bastantes insectos estraños que calculan a mellor ocasión. Porque hai un plan, nada especial, pois todo está na tradición musical. Baby, baby, baby don't leave me, oh please, don't leave me all by myself.

credits

from Violentos anos dez, released April 27, 2011

license

tags

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n’roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre. ... more

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Ataque Escampe, you may also like: