Mais cando tiveches un pesadelo, cal é a natureza dese elemento ausente que é tan difícil de comunicar a outros?
É a parte subxectiva. Non pode afectar a Bob do mesmo xeito que afecta a Sam e do mesmo xeito que afectaría a Susie. Todos veñen de lugares diferentes. Poida que o que te asuste no soño sexa algo completamente absurdo, mais funciona contigo. Mais ese temor é demasiado abstracto. O meu amigo Jack Fish tiña un soño recorrente sobre unha llanta que rodaba sobre a estantería dun garaxe. Roda e roda e case cae por un lado, e daquela roda para o outro lado. E roda para o outro lado até que case cae. Esa simple llanta rodando dáballe medo. Vai ti saber! O ingrediente esencial é completamente imposíbel de comunicar. Debe haber algunha información adicional entrando por algures, e así un pequeno detalle cárgase de certo coñecemento.
Chris Rodley e David Lynch, Lynch on Lynch
lyrics
Dormen e eu navego maino polo Nilo. Penso poucas cousas. Se hai que morrer vai ter que ser no
estómago dun crocodilo.
Beben e eu só bebo as augas do oceano. Poño rumbo ás illas. O leite dos cocos e os cocos que son
como as tetas dos sitios estraños.
E fanse vellos con canas e engurras, na cama e con frío nos pés polas noites. E eu veño de Alfa
Centauro co mellor sorriso, que é o dos que non gañan nin perden nin cansan nin fican nin volven.
Se non estivese en coma profundo desde hai tantos anos, o mundo sería máis gris e máis triste, con
días de loito e traballos pesados, e aquí todo é verde e hai negros comendo sandías.
A biblia está corrixindo a coxeira da cama e o inverno proxéctase en sombras, pero hai os bisontes
que corren ás tardes e o fondo do mar e as estrelas e as illas desertas e os ventos que sopran.
Nubes, tantas nubes, o cantar dos grilos. Cólleme do brazo, que imos morrer e vai ter que ser
devorados polos crocodilos. Se hai que morrer vai ter que ser no estómago dun crocodilo.
Erudite chamber pop that hearkens back to the elegant and experimental production of the 1960s, swinging from melancholia to playfulness. Bandcamp New & Notable May 13, 2016
Brighton quartet Zooni round out their slick, ultra-rhythmic art rock vision with smart lyrics and ever-shifting dynamics. Bandcamp New & Notable Oct 7, 2020
San Francisco singer-songwriter and trumpeter Max Daniel gilds straight-shooting pop hooks with orchestral splendor and wry lyricism. Bandcamp New & Notable Aug 26, 2020