Salvarei o mundo

from O disco vermello by Ataque Escampe

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

lyrics

Foi o ano que comprei unha chaqueta de coiro, e nas aulas de FP asociámonos os dous. Non son fácil de vencer, non sei por que teño insomnio. E nos cómics de DC nunca nada fracasou. Só me queda berrar kame-hame-ha para loitar contra o mal que me fai o teu amor. Podíanos pasar (tamén caen os avións). Eu cría naquel bar: era a nosa salvación. Si, sempre quixen ter algún superpoder para sentirme novo. Pero non sei sobrevivir se non te teño aquí, na boca do lobo. Paso tardes no local e ábrolles a algúns amigos. Non remite o temporal, pero temos corazón. Só me queda aquel riff de Motörhead: o barrio estoura con el e outra vez penso nos dous. Ven, imos arriscar cunha sala de actuacións para a escena underground, e que caian os avións. Si, sempre quixen ter algún superpoder para mudar o rumbo. Pero non sei sobrevivir se non te teño aquí para salvar o mundo.

credits

from O disco vermello, released May 22, 2014

license

tags

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n’roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre. ... more

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Ataque Escampe, you may also like: