We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Sempre nos matan

from A grande evasi​ó​n (LP) by Ataque Escampe

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

A viaxe cibernética


Tal como demostran os exemplos da composición dixital de filmes e as aplicacións de platós virtuais para a televisión, a era do computador introduce un paradigma diferente, que ten a ver, non co tempo senón co espazo. [...] O problema xa non é como crear imaxes individuais convincentes senón como mesturalas entre si. Polo tanto, o que agora é importante é o que pasa nos bordos onde se xuntan as diferentes imaxes. As fronteiras onde se dan cita as diferentes realidades é o novo terreo de xogo onde os Potemkins da nosa época tratan de superarse uns a outros.


Lev Manovich, The language of New Media

lyrics

Desde algún faiado vimos naves espaciais. Prememos no botón do triplo salto vital. Estivo moi ben o
feito de intentalo. Hai cogomelos bos, hai cogomelos malos. Pero sempre nos matan na mesma
pantalla.
Existen fontaneiras que nos poden salvar o cu aos príncipes que só temos príncipes azuis. E falan
dunha flor que perfora caparazóns, unida a una estrela que promete vidas extra. Pero sempre nos
matan na mesma pantalla, cunha planta carnívora ou movendo a muralla. Pero sempre nos matan na
mesma pantalla. Sempre nos matan.
Sempre rompemos a cabeza para que aparezan as moedas. Hai moitos trucos por aí, ou é que os
trucos son as regras? E agora quen vai pagar todos os ladrillos rotos? Iso sabiámolo xa desde Shigeru
Miyamoto. Podemos ir pola esquerda e aparecer pola dereita, xogarmos a partida sós ou facer vida
de dous. Tamén podemos estar tres e coñecer xente xogando. Podemos estar só mirando ou aquí
cantando, pero quen controla o mando? Porque sempre nos matan na mesma pantalla, cunha planta
carnívora ou movendo a muralla. Porque sempre nos matan na mesma pantalla. Sempre nos matan.

credits

from A grande evasi​ó​n (LP), released May 26, 2009

license

tags

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

Cancións con salsa agridoce.

Contratación: info@tremendoaudiovisual.com
+34 629175996

shows

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Ataque Escampe, you may also like: