about
"Viaxamos a Miami" é o segundo adianto do próximo LP de Ataque Escampe, que sairá publicado na primavera de 2023.
lyrics
O hit daquel verán foi un tema de Bad Bunny. Nunca entenderei por que viaxamos a Miami. Tiñamos gana de festa, tiñamos gana de estirar as pernas. O hotel vale máis que unha vida de traballo onde os policías van en bermudas a diario. Na suite do Holiday Inn todas estabamos vivas. Déitate tranquila, sis, fai o morto na piscina. Cando unha estrela se apaga, na noite brilla toda Disneylandia. Préndese a luz simplemente dando palmas. Vibra o corazón máis cru na calor da madrugada. Por iso non tiveches fillos. Na praia de San Francisco, en Louro, sempre me sinto ben. O móbil teño medo de que o rouben xusto cando me vou meter. Os vellos das residencias na noite brillan como Julio Iglesias. O hotel vale máis que unha vida de traballo. Temos que volver quedar, non vivimos no pasado. O hotel vale máis que unha vida de traballo onde os policías van en bermudas a diario.
credits
from
Viaxamos a Miami (single),
released January 24, 2023
O Longo Adeus presenta "Viaxamos a Miami", unha idea de Ataque Escampe para Tremendo Audiovisual.
Composta e interpretada por Ataque Escampe. Coros: María, Marinha, Íris e Amaro.
Producida, gravada e mesturada polo Hevi no Laboratorio Soyuz (Trazo) e masterizada por Cem Oral en Jammin Masters (Berlín).
Deseño gráfico de David Silva.
license