De todos os animais acuáticos poderedes comer estes: todos os que teñen aletas e escamas, tanto das augas do mar como dos ríos. Mais todos os que non teñen aletas nin escamas, tanto no mar como nos ríos, así como calquera outra criatura acuática e calquera outro ser vivinte que haxa na auga, serán para vós detestábeis. [...] Das aves, as que detestaredes e non comeredes por detestábeis son: a aguia, o voitre, o azor e o miñato, segundo as súas especies; todo corvo segundo as súas especies; a avestruz, o cormorán, a gaivota e o falcón, segundo as súas especies; a curuxa, o somorgullo, o moucho, o calamón, o pelícano, a cegoña e a garza, segundo as súas especies; a bubela e o morcego. [...] Entre os animais que se desprazan sobre a terra, estes seranvos inmundos: a donicela, o rato e a tartaruga, segundo as súas especies; o camaleón, o crocodilo, o lagarto, a lagartixa e o calamón. [...] Todo réptil que se despraza sobre a terra é detestábel; non será comido. Non comeredes ningún animal que se despraza sobre o seu peito, nin ningún que se despraza sobre catro ou sobre moitas patas -todo o que se despraza sobre a terra- porque son detestábeis. Non fagades detestábeis as vosas persoas por causa de ningún réptil. [...] Estas son as instrucións acerca dos animais terrestres, das aves, de todos os animais acuáticos e de todos os animais que se desprazan sobre a terra; para diferenciar entre o inmundo e o limpo, entre os animais que se poden comer e os animais que non se poden comer.
Levítico, 11, 9-47
lyrics
De entre todos os funestos animais, desconfía das palabras e das contas: pódeche saír moi caro
publicar a descuberta do animal con roupa. E o cinismo é unha liña editorial na que nunca colle a
criptozooloxía, porque alerta sobre os xeitos de cazar e aínda por riba fala doutras formas de vida.
E se vas ao Lago Ness ten coidado de te ver no espello das augas turbias dos outros. E se ves a Santa
Claus saúdao sempre ao pasar: é importante a paz entre os monstros. Criptozooloxía aplicada á túa
miserábel condición humana. Que lento pasa o tempo para a especie, que rápido o amor.
De entre toda a camuflaxe de arredor, busca sempre a humidade e a quentura. Non pretendas poder
escapar da dor pero enlámate en estrañas aventuras. Por exemplo faite mozo de King Kong e
desfruta da vertixe das alturas. Dalles de hostias a todos os avións. Morre sangrando pola pel das túas
musas.
E se vas ao Lago Ness ten coidado de te ver no espello das augas turbias dos outros. E se ves a Santa
Claus (agora vou rectificar), dispara antes de que se arme o monstro. Criptozooloxía aplicada á túa
miserábel condición humana. Que lento pasa o tempo para a especie, que rápido o amor.
Erudite chamber pop that hearkens back to the elegant and experimental production of the 1960s, swinging from melancholia to playfulness. Bandcamp New & Notable May 13, 2016
Brighton quartet Zooni round out their slick, ultra-rhythmic art rock vision with smart lyrics and ever-shifting dynamics. Bandcamp New & Notable Oct 7, 2020
San Francisco singer-songwriter and trumpeter Max Daniel gilds straight-shooting pop hooks with orchestral splendor and wry lyricism. Bandcamp New & Notable Aug 26, 2020