Galicia es una mierda

by Ataque Escampe

supported by
/
  • Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

     name your price

     

1.
2.
3.
04:00
4.
5.
04:17
6.
7.
8.
9.
02:50
10.
11.
12.
13.

about

Ataque Escampe pretende acoller en 47 minutos de musica dispersa e aridez sonora todas as contradicións existentes na Galiza, no mundo e na historia da música. De Manuel Antonio aos Tonechos, de John Wayne a Lenin, e de Neil Young aos Panchos. A
resolución, no mellor dos casos, estará nas orellas d@s que escoiten.
Ou non estará…ou será Spam.


SPAM

En Siberia estamos moitos xa por sempre derrotados. Só podemos cantar o branco desta hora, porque ao final de nada serven quilómetros e alcoholímetros, os segundos e os metrónomos, tantos decibelios como pouca a xente, toda esa caterva de desastres técnicos (táboa tras táboa, micro tras micro, resaca tras resaca), e só podemos cantar o branco desta hora na que semella que xa non estrelampará nunca. Porque seguimos no mesmo porto do que partimos, na liña de saída que algún día soñamos que nos había levar ao Tourmalet ou a calquera outro Medulio, mais que cedo descubriremos como o peor dos espellismos, de haberen espellismos nesta salvaxe tundra do cotiá.

Hoxe só nos queda Vista Alegre, onde nace e morre toda Compostela. Hoxe só nos queda a seguridade de descoñecer se é ou non a Ruta 66 o mellor camiño para chegar ao Conxo das nosas traxedias sinfónicas. Hoxe só nos fica a cita literaria como un exercicio de decadentismo pretendidamente posmoderno, mentres un aquel de folerpas afgás insisten en nós aseverar que xa non, que desistamos, que non escampará; non mentres as cordas rotas continúen a se mofar da dor que nos provoca a insuficiencia do real, o metal das compañeiras, un dragón asiático, os cubiños de xeo, transparentes coma bumeráns.

Hoxe, como entón, só as pendentes dos pentagramas que non sabemos escribir. A rabia dos concertos nos que non fomos capaces. Os versos que non encabalgamos. Os grafitis que non soubemos ilegalizar: Galicia is different. Galicia Calidade. Galiza GAL & CÍA. Galicia is a shit. E, claro, como non podía ser doutro xeito, quédanos tamén (algo é algo) este odioso sentido do humor no que nos refuxiamos da sarabia, e que nos fai dicir, con prosodia de himno e un ridículo sorriso entre os audífonos: Galicia is a shit, but Galicia is not spam.

credits

released February 26, 2008

Ataque Escampe son:
Roi Vidal Ponte: percusións, kazoo, labios, lixas, harmónica, coros, voces.
Marco Gelpi: acordeón, cuncas tibetás, trompeta, guitarra.
Samuel Solleiro: violín, guitarras, teclas, coros, asubíos, voces.
Miguel Mosqueira Fociños: guitarra acústica, baixo, teclas, campás, coros, voces.
Alex Charlón: voz

Participaron:
Xoel Méndez: banjo, cuatro
Paku Granxa: voces
Juan José Carbonell: congas
Iván Pantín: tuba
Xoán Lois G. Carlín: piano, caixa
Borxa Insua: serrucho

Andrea Frayas (Sacha na Horta) canta en Serafín
Brais Gutiérrez (Sacha na Horta) toca o acordeón en Serafín
Xoán Xosé Cruz (Qronopios) toca o clarinete en Arredor da cuestión nacional e A granxa de Alexandre

Rematado de gravar o 17 de xaneiro de 2008 no estudio Pousada Son (Ames)
Son e mesturas: Yago Pico
Masterización: Noel Feáns
Produción: Ataque Escampe
Todos os temas compostos por Ataque Escampe
Ilustración e deseño: Adrián Solleiro
Fotografía: Alba Viñas

tags

license

feeds

feeds for this album, this artist

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n’roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre. ... more

shows

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Track Name: Akira Toriyama
Que o ser humano pode inventar nomes que non existen sabémolo desde Akira Toriyama. E o dos corpos inífugos. E a trascendencia das bragas. Pero pensemos: Veronika Voss, e que a derrota sexa inevitábel. Digamos: Meendinho, e veña a redimirnos un tsunami. E enchoupados en sangue, non haberá verán. // Chamámoslle país e son xigantes a cuspir cemento sobre as praias. E a noite, esa palabra, saudemos á traxedia e que todo dios nos aplauda. E agora é chegada a hora: bailaremos através das brasas. E agora é chegada a hora: baila. E inmolados ao bonzo, non haberá verán.
Track Name: A granxa de Alexandre
Cando baleiramos a neveira ninguén debe vernos co novo disfrace. Canto canta o galo de madeira, canto canta o galo de verdade, cada día comes carne. No Tarasca está Carlos Figueiras, é a ocasión perfecta para embebedarme. Logo canta o galo de madeira, logo canta o galo de verdade, espertarei ás seis da tarde. Non hai vacas, non hai porcos, non hai fillos pródigos, non hai que comer.
Ese día sinfonía de desafinar (para que). Noites na comixaría e todo segue igual no Polo Sur, no Polo Norte e polo menos os polos non estaban enfermos. Soa o blues na noite e non se pode respirar.
Teño a San Antonio na lareira, ninguén debe vernos con necesidades. Moito canta o galo de madeira, moito canta o galo de verdade, aquí nunca pasamos fame. Non hai vacas, non hai porcos, non hai fillos pródigos, non hai que comer.
Estas noites sen estrelas fanme sentir moi violento. Escoitar cancións de Dylan. As hostias que caen por dentro. Nunca cometer pecado contra ningún mandamento. Quero ser un astronauta para estar contento.
Un día farei unha fogueira e arderá para sempre a granxa de Alexandre. Xa non canta o galo de madeira, xa non canta o galo de verdade e eu xa son a miña carne. Non hai vacas, non hai porcos, non hai fillos pródigos, non hai que comer.
Track Name: Nadina
Canto amor cabe nunha mochila, canto amor cabe no firmamento, canto amor cabe nunha moeda, canto amor no vento, canto amor cabe nun vaso de auga, canto amor cabe na carne crúa, canto amor cabe nos libros rotos, canto amor na ducha, canta dor cabe nunha botella, canto amor cabe na astronomía, canto amor cabe no rock en basco, e canta dor... mátame camión, camión, camión do lixo, tantos días de pagar facturas, hoxe tampouco nos suicidamos, tiro na caluga, canto amor... Canto amor cabe nunha farmacia, canto amor cabe en Cabo Verde, canto amor cabe nas escaleiras, canto amor doente, canto amor cabe no beixo negro, canto amor cabe nunha ferida, canto amor cabe nos espaguetis, canto amor na vida, canta dor cabe nas túas pernas, canta dor cabe nos escenarios, canta dor cabe na terra toda, canta dor nos barcos, cagoendiós, en dios, en dios e en cristo, tantos días de afeitar as cellas, hoxe tampouco nos suicidamos, cortar as arterias, canto amor...
Track Name: A banda desdenhada (entre O Leo e o mamoneo)
Ben sei que ti me queres, pero quéresme mal e non son parva nin ti tes que subirme ou baixarme do altar. Somos todas herdeiras dunha crus que caeu e non hai dios ke te crew que a poida levantar.
E estamos preparados para a revolución, para a toma da pastilla e asemblea en botellón. En ghallegho me dijeron que no, que no, que no.
Ska ska ska ska skarállome de risa. Marx en verso viviu, Marx en verso morrerá en siniestro total. Que fala esa bala? Que fala? Que non? De que fala aquela bala? El mejor lugar para descansar no es la universidad. Es el posgrado y opositar. A banda desdenhada.
Track Name: Serafín
Serafín é un neofalante moi elegante: fala coa súa moza en reintegrado e co seu amante en inglés. Trae toliñas a todas as vellas cando aborda con elas o problema do País Basco francés.
Xa mediou entre o taberneiro e o senegalés dos CDs. Presentoulle a unha celtarra un grei xentalla e tiveron aquel. Toda a xente aquí en Vista Alegre deixa de mollar no prebe cando aparece o marqués do bo facer. Con Serafín será a fin de tanto revés.
Serafín coñece do mundo a hostia de cousas: 50 ETTs, 20 cargas e cada molusco dos que dan gusto e pracer. Trae toliñas a todas as vellas cando aborda con elas o problema do País Basco francés.
Serafín coñece o cantante de Ataque Escampe. Saúdao sempre aínda que sabe das súas envexas e malas artes tamén. Cando a terra se volva redonda que lle rindan todas as honras ao marqués, ao marqués, ao marqués do bo facer. Con Serafín será a fin de tanto revés.
Track Name: I'm Not Your Man
Non te podo querer máis. Xa sabes, teño o corazón de ferro. Eu non son Leonard Cohen: canto peor e creo en Deus un pouco menos. Son un tipo duro, son da mafia rusa, son un cowboy, e nunca vas saber o que se coce no meu interior. Meu amor, ven bailar un chachachá. Meu amor, cando será o día que teñamos que voltar á barriga de mamá.
Sittin’ on the dock of the bay, John Wayne vixía desde o televexo. Déixame falar de min: son quen na barra do Maycar mira de esguello. E van os ciclistas subindo montañas despois de xantar. Eu lío un cigarro, preparo a fuxida detrás do coñac. Meu amor, ven bailar un chachachá. Meu amor, cando será o día que vexamos estoupar a taberna do lugar. Meu amor, ven bailar un chachachá. Meu amor, cando será o día que teñamos que xogar a partida de billar.
Meu amor: con lúa e sol, violíns e trombóns, bares e cárceres. Meu amor: xa sei que nunca che fago cancións tan importantes.
Track Name: Canción para pechar o Ruta
8 da mañá, os ollos coas mans, hora de pechar os ollos coas mans, sen disimular. Eu che dixen ven, ti dixeches que... tiñas que marchar. Que tiñas que marchar. Sen disimular. E agora toca cantar unha canción intimista cos ollos nas mans para acabarnos de matar. De matar. Se eu soubese que xa sabías o que sabes, non faría o que farei. Mais has de saber que se eu che dixen ven foi por non dicirche hei.
E agora toca probar cun poema dadaísta, deses que non fan chorar, que facía Tzara (tzarará). Sei que acabarás por mandarme a tomar pista: iso mesmo é o que farei. Sei que acabarei nunha beira da autopista onde non te atoparei.
E agora toca probar tácticas imperialistas desas que nos fan berrar lágrimas de metal: ratatá. Pés que voan, pés que voan a ningún sitio onde nunca pararán. Pés, quero bailar, pés que voen a ningún sitio onde nunca pararán.
Track Name: Quero ser o malo da película
Eu quero ser o malo da película, e quero verlle a cara ao teu heroe. E cantos coma el, e cantos coma min, pero coma ti xunta min nunca tal vin.
Porque podo ser máis malo ca Calígula, así todos me sinalen pola rúa: “e mira aquel de alí, é o cabrón que din que nun pub rompeu tres copos pedindo a Machín”.
E quero ser o malo da película, ofrecerlle á túa avoa o Despertad. “A xuventude, señora, periga con tanta droga! Se lle conto o caso dun mozo desta zona…”
Porque podo ser máis malo ca Calígula e non me importa o número das vítimas, eu teño aquí a vinganza na retina. Total só é a miña película. E a ver quen me culpa por iso.
Track Name: Vista Alegre
Cando vaia morrer enterrádeme aquí en Vista Alegre cunha cunca na man e na boca un bigote de prebe. Cando din: “cantas queres ti? Cantas por aquí?”, eu quero callos e viño, e café con coñac para aguantar esta noite o camiño.
Cando o mundo rebente esperádeme aquí en Vista Alegre. Sei que é moito pedir pero é que eu aquí son feliz. E baixando do Tambre para o Pulpo e para o Bar da Señora, e despois Mariñeiro porque imos coller unha boa.
Track Name: Arredor da cuestión nacional
Teño o teu móbil e un colocón. Se o azul dos teus ollos chegase como os labios ao ron, sen ningunha aspiración. Son noites varadas sen rastro do mar: bebino todiño coa sede de atreverme a chamar e non souben espertar.
Se eu che canto a ti como sabes que sei cantar, é posíbel vivir sen un ril e sen as dúas mans. Se eu che canto a ti arredor da cuestión nacional é porque son e á vez non de aquí (que será, será).
Teño o teu móbil e un subidón. Que brancos os días se houbese unha estrela para os dous: leva razón a paixón. Deitado no prado, amando coas mans, fumei toda a herbiña que había para poder acougar. Non deixei campo nin mar.
Track Name: Galicia es una mierda
Hei, que Galicia es una mierda xa o sei, con touciño e con queimada tamén, non o ves? Moi bien, Todos os traumas xa chos escoitei pero ti es un pouco parvo tamén: non te ves? Non busques no espello, non tes perfil bo, empeza mudando a roupa interior.
Hei, que Galicia es una mierda xa o sei, cos piñeiros e o luar outra vez, pracidez. Moi bien, a terriña non está no iron way, con maletas e proxectos de lei do revés. Empezas pedindo un whisky on the rocks e acabas cantando no espazo exterior.
Track Name: O longo adeus
Tocan a morto nas festas parroquiais: non nos ha cansar a insuficiencia do real. E baixo este ceo que é de Rohypnol quentaremos un chá con pílulas de ficción, e por exemplo eu son Phillip Marlowe de vocación.
E entre pluriemprego e aloumiños de cibersexo, quero que me digas o mediodía que nos atopemos que hai un misterio e un gin-tonic delator, cando mudamos de pel e poñemos o chapeu. E xustamente ti es o libro aberto que quero ler.
E logo das rosas aínda máis cuncas de viño. Hai prezo por soñar se despois non dás esquecido. Non hai misterio, u-la tinta da nosa pel? Na botella haberá outra vida de papel. E así entre ti e máis eu escribiremos o longo adeus.
Track Name: 3 cantos a Lenin
Bébedo como as arañas beixo as paredes do bar. Teño tatuaxes na lingua, teño pinchos no padal. As bailarinas do strip-tease son espías de Moscú. Agora hai estrelas no ceo e no mar. Ao ir para a cama pintarnos de azul.
Teño os pulmóns de petróleo, teño os collóns de alcatrán. Bebín até as moas do xuízo, mordeume no pé un alacrán. Podo morrer nos teus ollos, podo morrer no teu cu. Ferméntame o vodka na arteria do amor. Ao ir para a cama tomar un red-bull.
E ven a bailar este vals que non é un vals, que é un blues, e non se dá bailado. E os negros non levan o ritmo no sangue e os brancos non teñen o pene tan curto, me cago no amor, na tarde do domingo, blasfémolle á Virxe e a todos os santos e ao anxo caído, ao planeta Neptuno, á Galiza profunda, ás bolachas do almorzo, á comida dos peixes, ao sexo consentido e ao sexo sen sentido e ao sexo sen contido e ás entrañas da terra e ao capitalismo foráneo. E á miseria da vida, e á miseria da vida.