O disco vermello

by Ataque Escampe

supported by
/
  • Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

     name your price

     

1.
2.
04:27
3.
4.
05:41
5.
03:51
6.
7.
8.
9.
10.
03:20
11.

about

O disco vermello son moitas historias de supervivencia e é tamén unha única historia de supervivencia.

Son motoristas parapléxicos, obreiras que toman o sol, heavies de barrio e actrices de vida longa. É un reloxo biolóxico, un videoxogo de pelexas, unha aventura caníbal, un xogo sen fronteiras, un restaurante chinés. É o planeta Hercólubus, que se aproxima e se aproxima e se aproxima.

É unha persoa que ten que emigrar para non volver e é outra persoa que fica soa na Terra ardendo. É a perda: o que perdemos, o que poderiamos perder, o que non perderemos nunca. O que temos que procurar non perder para non converternos en cousas nas que non queremos converternos.

É a contradición entre a evasión e o compromiso, entre a honestidade e o simulacro, entre o sorriso e o falso sorriso. É o pop e o dub e o rap de mentira e o soul de Filadelfia. Son todas as cousas, estas e tamén as outras. E o sangue, tamén é o sangue.

O disco vermello son as historias dunhas poucas persoas que son a historia de todas e por iso é vermello.

credits

released May 22, 2014

O disco vermello é unha produción de Ataque Escampe / O longo adeus para Discos da Máquina.

Foi gravado, mesturado e masterizado por Arturo Vaquero nos estudios Abrigueiro (Friol) entre marzo e maio de 2014

Todos os temas foron compostos por Ataque Escampe

Ataque Escampe son:

Miguel Mosqueira: guitarras e palmas
Samuel Solleiro: guitarras, banxo, harmónica e saz
Lois G. Carlín: baixo, teclados, saxo, programacións e coros
Roi Vidal: voz, melódica, pandeireta e coros
Álex Charlón: voz e coros
con
Álvaro Trillo: batería

E tamén: Ran Xing Zhang (voz en “Horas extra”), Wallis Chan (voz final en “Horas extra”) e Alba Álvarez (chelo en “Salvarei o mundo” e “San Marino”)

Abusamos da confianza de, polo menos: Claudio Pato, Elis Regina, Ben Affleck, Damià Aguilar, Rosalía de Castro, Jorge Ben, Faye Wong, Serge Gainsbourg, V.M. Rabolú, Aki Kaurismäki, Don DeLillo, Amália Rodrigues, Peter Capusotto, Caetano Veloso, Chespirito e unha cosmonauta soviética anónima. A propiedade intelectual é un roubo

O deseño gráfico é de Misha Bies Golas

Podes escoitar O disco vermello en: ataqueescampe.bandcamp.com

discosdamaquina.com
ataqueescampe.org
ataqueescampe@gmail.com

tags

license

feeds

feeds for this album, this artist

about

Ataque Escampe Santiago De Compostela, Spain

As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n’roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre. ... more

shows

contact / help

Contact Ataque Escampe

Streaming and
Download help

Track Name: Os problemas crecen
Alí non se podía vivir e pedín entrar na nave. Corriches detrás do motor de fisión. A terra foi quedando atrás, adiós, regatos pequenos, adiós. Cada vez máis pequenos no ollo de boi. Na Vía Láctea encontraremos un bonito lugar nun asteroide de tipo A. Non pasa nada, nestes tempos é mellor arriscar. Non hei volver xamais. Dicías que aínda menos mal pero non ves que os problemas crecen: non tiña seguridade social, e ti sabes que factura da luz?, tiven que ir a Londres para abortar. Cada vez máis pequena no mundo real. A terra arde e estou tan lonxe que non teño calor, no meu planeta menor. E cando pasen os cometas da Nube de Oort, pensa no meu amor. E que pasa se cambio de idea? Se finalmente decido volver? Non estarán os ríos nin as fontes no sitio no que os deixei. E os planetas son todos moi fríos e canda ti non se durmía tan mal: este é o tipo de cousas que non debo, que non debo pensar. E perdida aboiarei na galaxia, direi adeus ás estacións espaciais. E non, non o podo pensar.
Track Name: Horas extra
Entrarei no restaurante a refuxiarme unha noite máis n'A boca do dragón. Estragueilles o nadal aos meus pais e aquí pechades tarde. Arde a carne que vén de Shanghai no cambio da estación. 每星期六他来到这儿 一见他我心感悲伤 然后就去唱卡拉OK 他的生活非常平淡 他跟父母住在一起 若她问我愿意一家 当然我就会拒绝他. O terror das horas extra. Non creas que son un robot: sei cantar. A miña tese está na fase final, vai de Hitler e cousas desas. Senta á mesa e dime como che vai. Que facer se non?
Track Name: Música industrial
Compañeira do flotel, hai que ver que razón tes: o primeiro nesta vida é non ter frío nos pés. Todo é confusión para as que non calzamos gore-tex. Se hai negociación temos tempo para aprender inglés. Disque temos que seguir e poñernos no mellor, pero sigo aquí deitada, farta de romper a voz. Que foi da emoción de irmos os domingos de excursión? No setenta e dous lembro que facía máis calor. E eu vou cantar a canción que é como un alalá: quen sabe, miña amiga o que será? Será o que será: outro ano sen pensión ou un millón na primitiva. O tabaco de liar xa non ten tan mal sabor. Non hai ilusión desde o de Daniel e Amador. Que foi da emoción de cando chegamos a Ferrol? E eu vou cantar a canción que é como un alalá: quen sabe, miña amiga, o que será? Será o que será, deitada fronte o mar, sentindo o sangue e a respiración como un ritmo dub. Un plan de formación ou un millón na primitiva. Si, será o que será, quen o dubidará, deitada fronte ao mar da vida.
Track Name: 2006
Tiñamos vinte e poucos e abandonamos Barcelona. Ti estabas algo louco e eu non sabía que facer. Precisabamos cartos e regresamos á Madroa. Finximos un orgasmo mentres xogaba o Celta B. “Ponte a traballar, deixa as motos e fai máis por vernos”, dixo túa nai cunha man no corazón. Foi naquel verán, días antes da vaga de incendios, cando teu curmán ía líder na competición. Pero agora as nosas motos apodrecen nos talleres e, igual que os nosos corpos, xa non se erguerán nunca. Como todos os pilotos, só pensabas nos praceres, pero non nos soños rotos dunha vida tan curta. Cabalgar cara ao futuro nunha cadeira especial, no lado escuro até o final sen repetir a ruta. Burro grande ande ou non ande: así é como soñamos nós. Pasar a ponte de Rande en calquera dos camións que veñen de Portugal: no fondo non está tan mal. Foi naquel verán e aínda segue aí a maldita curva. Eu pedinche a man e falloume a dirección. “Ponte a traballar, non podemos pagarche máis multas”, dixo túa nai, e paroulle o corazón.
Track Name: San Marino
Son boa persoa e hai días que estou on fire. Aquí na Praza Roxa onde rula o capital. Na sala de xogos fun grande tempo atrás. Agora todo cambiou: ás nove abre a sucursal. Isto é un atraco, vinos na televisión, sei como van. A ver, cabronazos, aínda colle outro millón na bolsa do Media Markt. Noites enteiras procurando o destino final, e nos Xogos sen Fronteiras San Marino non pintaba tan mal. Nos rañaceos aínda escoitan os Dire Straits, mais de onde veño eu as cousas non van tan ben. Isto é un atraco, chegarei até o final por unha vez. Adeus, cabronazos, voume a un paraíso fiscal, como fan os do PP
Track Name: Street fighter
“É a vida unha máquina: unha máquina co Street Fighter II”, dixo meu pai. Deume un abrazo e foi aceite de motor na miña máquina de amor. “Non é que os mates, é que lles deas unha lección. Non teñas medo”. E comproume un bate de béisbol. E agora sae aí e demóstranos quen es a túa nai e a min. “É a vida un ximnasio, carbohidratos e unhas luvas de thai box”, dixo mamá. Tocoume os bíceps e queixouse do grosor da miña máquina de amor. “Non é que os mates: respecta a gorxa e o corazón. Fai que non volvan”. E comproume un puño americano. E agora sae aí e demóstranos quen es ao teu pai e a min. “Esa árbore que vai caer confiemos en que caia cara a atrás”, di unha canción que lembraba na ambulancia de camiño do hospital: a miña máquina total. E agora estou aquí na casa, a ver se a cabeza me pasa. Cando poida saír vou anotarme nunhas clases de taichí.
Track Name: A balada de Violetta von Lichnowsky
Hai no meu rostro pálido marcas de amor de maquillaxe. Veño dun tempo clásico, cando o fragor da loita de clases. Case un cento de anos vivindo do teatro, e o que máis idolatro son os soños humanos. Sempre vivín ao límite (como bailaba na fin de semana!). Actuei ante príncipes (non arranxaron os meus pesares: nunca gañei o María Casares). Mais cando me despinte vánseme notar moito as lágrimas de loito polo século vinte. Case un cento de anos vivindo do teatro, e o que máis idolatro son os soños humanos. Un argumento tráxico que mudou no mellor da función. Unha actuación de escándalo que neguei ante o III Reich[...], planos dun filme erótico que con Hitler mont[...] os dous debaixo do pórtico, eu lle[...]. No centro do escenario, panos de seda fina: as doses de morfina non precisan ensaio. Non recoñezo a farsa da época presente. Véxoa máis decadente ca un desfile de máscaras.
Track Name: Salvarei o mundo
Foi o ano que comprei unha chaqueta de coiro, e nas aulas de FP asociámonos os dous. Non son fácil de vencer, non sei por que teño insomnio. E nos cómics de DC nunca nada fracasou. Só me queda berrar kame-hame-ha para loitar contra o mal que me fai o teu amor. Podíanos pasar (tamén caen os avións). Eu cría naquel bar: era a nosa salvación. Si, sempre quixen ter algún superpoder para sentirme novo. Pero non sei sobrevivir se non te teño aquí, na boca do lobo. Paso tardes no local e ábrolles a algúns amigos. Non remite o temporal, pero temos corazón. Só me queda aquel riff de Motörhead: o barrio estoura con el e outra vez penso nos dous. Ven, imos arriscar cunha sala de actuacións para a escena underground, e que caian os avións. Si, sempre quixen ter algún superpoder para mudar o rumbo. Pero non sei sobrevivir se non te teño aquí para salvar o mundo.
Track Name: Orde e progreso
Do helicóptero baixei mareado e volvín pensar que non estaba tan ben traballar de espía. Perdinme no corazón da Amazonía e había pirañas do tamaño dun pé. Despois coñecín unha tribo caníbal (ás veces esta vida parece Indiana Jones). Bailamos, bailamos. Pero xa non teño vinte e cinco anos. Dóeme a barriga: aborten a misión. O bambán vai e vén. Faime mal, faime ben. Que bombón. Bond, James Bond. Fai bang-bang no Big Ben. O telefone tocou novamente: era da axencia, non contestei. Carnaval baiano. Ritmos do continente africano. Pero non me parezo a Daniel Craig. o da antropofaxía deixárame intrigado: vestinme de coiro, puxen un arnés e inventei un nome. Lobo do lobo do lobo do home: tes cara de fame, devórame outra vez. Suba á casa, Lady Iacaré, áseme na brasa, bóteme ao café. Con cachaça bébame você, que na vida, Lady, gáñase ao perder.
Track Name: Arder
Estou tranquila porque vou morrer, non sei se aquí, non sei se o mes que vén. Igual que o que canta. Igual que os que escoitan. Parece triste pero non o é, de feito riste cando o pensas ben: das medias que rompen, das leis que preparan, do reloxo biolóxico, de por que pos esa cara. Só quero entender, sen lume na man, as cousas que arden e as que ficarán. Que hora vai ser, Alexanderplatz? Facémosche plas, plas, plas. Coa bici estática de túa nai e as guías prácticas do que non hai, pasamos a tarde en total liberdade. Quérote ben, pero xa se verá se o noso amor será internacional. Por países varios doeranme os ovarios. As miñas ideas e a puta bandeira. Só quero entender, sen lume na man, as cousas que arden e as que ficarán. Aparecerán por riba de min as letras de fin, fin, fin.
Track Name: Estraña forma de vida
Durante uns minutos corrinche detrás. Urano, Saturno, Xúpiter: non sei onde estás. Sentado no porche, a terra está en paz. Eu son o último terrícola. Non fun quen de marchar. No meu telescopio made in Taiwan vexo aparecer un disco vermello, véxoo aparecer, ti vés nel. Eu son o planeta, a carne mortal. O aire está melancólico esta noite. No meu telescopio made in Taiwan vexo aparecer un disco vermello, véxoo aparecer, ti estás dentro, véxoo aparecer.